COMUNICADO SOBRE O CONFINAMENTO DE CONTORNAS

Estimadas familias: 

 

Ante as incomodidades que está supoñendo para vós o confinamento de certos espazos educativos, o Equipo Directivo e o Equipo COVID queremos poñer no voso coñecemento o seguinte: 

 

  1. Quen ordena o confinamento dun espazo educativo por acumulación de casos é a Xefatura Territorial de Sanidade. Nin o Equipo Directivo nin o Equipo COVID teñen nada que ver nesta situación. 
  2. O confinamento ordenado pola Xefatura Territorial é da totalidade do alumnado que conforma a contorna (entendemos por contorna un aula, zona de comedor, agrupamento de actividades extraescolares, aula matinal…). 
  3. O único papel do Equipo Directivo é comunicar ás familias esta circunstancia, e seguindo as instrucións da Xefatura Territorial, establecer os contactos estreitos e asignalos ó último caso positivo. 
  4. A este caso fai referencia a persoa que contacta convosco (que pertence á Central de Seguimento de Contactos). Non ter coincidido nesa data concreta con este positivo non exime da corentena imposta pola Xefatura Territorial de Sanidade, xa que se trata dun agrupamento de casos. 

 

Esperamos que este comunicado contribúa a clarificar definitivamente as vosas dúbidas. 

 

Un saúdo 

COMUNICACIÓN DE CASOS COVID

Estimadas familias: 

Como sabedes, a nova situación pandémica ten modificado o seguimento da enfermidade, polo que moitos cidadáns poden autodiagnosticarse. 

Ante a posible aparición de casos na escola, e por si existise algunha dúbida, queremos lembrarvos como actuar en caso de que o resultado do voso test ou o dos vosos cativ@s sexa positivo: 

1. Comunicación do resultado ás autoridades sanitarias. Podedes facelo: 

      • Contactando co médico de cabeceira
      • Cubrindo o formulario que atoparedes na páxina web: www.coronavirus.sergas.gal
      • Chamando ó teléfono: 881.540.045

2. Chamar ó teléfono COVID da escola (698.173.422) comunicando ou ben o positivo do alumn@ ou ben o seu confinamento por contacto estreito. As titoras serán informadas para pórse en contacto convosco. 

Grazas pola vosa colaboración e un saúdo.

 

BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS

A Comunidade Educativa do C.E.I.P. Alfonso D. Rodríguez Castelao deséxavos

BO NADAL

Vémonos de novo o 10 de xaneiro

Distribuir contido