ALERTA METEOROLÓXICA

O martes 4 de febreiro queda suspendida a saída ao Museo do Mar que estaba prevista para o primeiro ciclo de Educación Primaria segundo a Comisión Escolar de Alertas

Premer na imaxe para consultar o documento

XORNADAS PORTAS ABERTAS 2014

Co fin de que os/as pais/nais que así o desexen se poidan achegar a coñecer o noso centro, organizamos unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS os días 24, 25 e 26 de febreiro de 2014, nos seguintes horarios:

Mañá: 9.15 h. / 9.45 h. / 13.15 h.

Tarde (só o día 25): 16.15 h. / 16.45 h. / 17.15 h. / 17.45 h.

Non é preciso reservar hora; abonda con axustarse ás horas indicadas.

Felicitación Nadal 2013

 A EDUCACIÓN É A ARMA MÁIS PODEROSA QUE PODES USAR PARA CAMBIAR O MUNDO

NELSON MANDELA

DÍA DO ENSINO 2013

Lembramos a toda a comunidade educativa que o vindeiro 31 de outubro de 2013 foi establecido coma  DIA DO ENSINO, coa consideración de non lectivo para efectos académicos, no calendario escolar para o curso 2013/2014.

BECAS MEC 2013-14 PARA O ALUMNADO CON NEAE

 

O Ministerio de Educación acaba de publicar no BOE unha resolución pola que se

convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo

no curso  académico 2013-2014.

Estas axudas son para alumnos con necesidades educativas especiais asociadas

a discapacidade, a trastornos graves de conduta, incluido o TDAH, e a altas

capacidades intelectuais .

Deben cumprir  os requisitos xerais e económicos especificados na resolución. 

 Para solicitalas debedes cubrir o formulario accesible en internet

na dirección www.educacion.es ou na sede electrónica do MEC

no apartado de trámites e servizos.

O prazo de presentación remata o 30 de setembro de 2013. Tedes que entregar o

modelo de solicitude, cuberto e asinado, no centro educativo onde o voso fillo/a

vai realizar os estudos no curso 2013-2014 ou ben, se tedes certificado electrónico, 

 na sede electrónica do MEC .

Podedes acceder a unha información máis detallada no seguinte enlace:

 Ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo 2013-14

 

Para acceder á  Resolución, pinchade no seguinte enlace:

Non dubidedes en consultar coa Orientadora do Centro.


Distribuir contido