ERRO NA LISTA DE LIBROS DE 3º E 4º

NA LISTA DE LIBROS DE TEXTO DE 3º E 4º DE PRIMARIA ENTREGADA AOS ALUMNOS O DÍA 21 DE XUÑO HAI UN ERRO NO TÍTULO E ISBN DO LIBRO DE MÚSICA.

OS DATOS CORRECTOS SON OS SEGUINTES:

 

-        XOGRAR. SÉCULO XXI. MÚSICA 3. EDITORIAL GALINOVA.

ISBN 978-84-9737-185-8

 

-        XOGRAR. SÉCULO XXI. MÚSICA 4. EDITORIAL GALINOVA.

ISBN 978-84-9737-186-5

 

 

ESTES SON OS LIBROS UTILIZADOS EN 3º E 4º DE PRIMARIA ESTE CURSO 2012-13 E SON OS VÁLIDOS PARA O VINDEIRO CURSO.

 

* Na lista de libros e material que podedes atopar na sección de SECRETARÍA desta páxina web, xa aparecen os datos correctos. Pedimos disculpas polas molestias que este erro poida ter ocasionado.


 

GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO 2013-14

 

Aberto o prazo para solicitar axudas para os libros de texto do vindeiro curso 2013-2014. As solicitudes deberán presentarse na secretaría do centro escolar entre o 3 de xuño e o 3 de xullo (ambos inclusive).

Só se poderá presentar unha única solicitude por alumno.

Toda a información e acceso á solicitude premendo AQUÍ:

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNOS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 13-14

Nos seguintes arquivos adxuntos atoparedes as LISTAXES DEFINITIVAS do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2013-14.

A Comisión de Escolarización asignará as 3 prazas que quedan pendentes de cubrir.

Lembramos ás familias dos alumnos admitidos que o prazo para formalizar a matrícula no centro é do 20 ao 30 de xuño. Tedes a información precisa no apartado SECRETARÍA/MATRÍCULA desta páxina.

"Cucho, Coco e o dilema do 6"

Érguese o telón!!.

Bota unha ollada no espazo de INTERTEATRO.

LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS CURSO 2013-14

Nos seguintes arquivos adxuntos atoparedes as listaxes provisionais dos alumnos admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2013-14.

As persoas interesadas poderán formular reclamación no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte a esta publicación, ante o Consello Escolar.


VACANTES CURSO 2013/2014

No seguinte arquivo adxunto atoparedes a listaxe de vacantes escolares en cada nivel para o vindeiro curso 2013/2014.

Distribuir contido