Plan Proxecta: Xogade

 

O noso centro foi admitido no Programa Xogade para o curso 2012-2013.

Mediante este programa trátase de fomentar a práctica e o desenvolvemento da actividade deportiva en idade escolar, en coordinación e colaboración con federacións deportivas galegas, clubes e agrupacións deportivas escolares.

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA XERAL 14-11-12

No seguinte arquivo adxunto tedes a información sobre os servizos mínimos establecidos para a folga xeral do 14 de novembro de 2012.

DIAS NON LECTIVOS

Lembramos a todas as nosas familias que os días 31 de outubro e 2 de novembro de 2012 non haberá clase.

* O día 31 de outubro foi declarado non lectivo pola Xefatura Territorial de Pontevedra, unha vez vista a proposta do Consello Escolar do noso centro formulada ao abeiro do disposto no artigo 7 da Orde do 13 de xuño de 2012, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/13.

* O día 2 de novembro foi establecido coma Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos no curso 2012/13, segundo a citada Orde do 13 de xuño de 2012.

Dentro da sección SECRETARÍA tedes a información sobre o calendario escolar deste curso, xunto co enlace á súa publicación no DOG.

AS MATEMÁTICAS NO PLANETA CASTELAO

 

"As matemáticas no planeta Castelao"

Este é o título do Proxecto Documental Integrado que desenvolveremos no colexio ó longo deste curso 2012-13.

As matemáticas arrodéannos por todas partes: marcando os nosos anos de vida, o altos que somos, as distancias que percorremos, o que pesan as nosas mochilas, as horas que pasamos xogando, a calor do verán e o frío do inverno.... e tantas e tantas cousas das que case non nos decatamos.

Pero este curso mergullarémonos en todas elas para descubrir a maxia das matemáticas e aprender a disfrutar con elas.

 

Becas alumnado nee

CIRCULAR SOBRE A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO  PARA O CURSO 2012-13.

 

            Comunicámoslles que no BOE do  9 DE AGOSTO foron publicadas as axudas arriba indicadas mediante Resolución do 2 de agosto  do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Pódese obter toda a información na páxina : www.educacion.es

O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar remata o 25 de setembro.

Podedes descargar o impreso premendo no seguinte enlace

IMPRESO

AXUDASLE CURSO 2012-13

Publicada no DOG do 1 de xuño de 2012 a ORDE do 30 de maio de 2012 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2012/2013.

Aquí vos deixamos o enlace á publicación.

AXUDASLE

Distribuir contido