REUNIÓN ANPA

Información de interese na sección PAIS/NAIS --- NOVAS.

ARTE NA AULA

A vindeira semana, do 29 de abril ao 6 de maio, poderemos gozar no colexio da exposición "Arte na aula" que promove a Concellería de Educación en colaboración co recoñecido artista vigués Mingos Teixeira.

Os/as alumnos/as do centro poderán visitala dentro do horario escolar de mañá, e participarán nunha unidade didáctica desenvolvida por Mingos.

Os/as pais/nais estades así mesmo invitados a visitar a citada exposición dentro do seguinte horario:

- De luns a venres, de 16 a 17.30 horas.

A exposición estará situada na aula de música.

"A outra historia de Carapuchiña Vermella"

BRAVO, BRAVO, BRAVO!!!

Así rematou a representación que os nenos e nenas de 1º fixeron para todos os seus compañeiros do colexio, da súa obra de teatro.

Que grandes actores e actrices! Que ninguén se sorprenda se dentro duns anos soan os seus nomes na gala dos Premios Goya, ou un pouco máis alá, nos Premios Oscar....Quen sabe!

Parabéns a todos os alumnos e alumnas de 1º e as súas mestras Pilar e Vanesa, por todo o tempo invertido na montaxe desta obra que nolo fixo pasar tan ben.

 

Máis fotos na galería.

Vacacións Semana Santa

Lembramos que, tal como está establecido no calendario escolar do curso 2010-2011, o período vacacional de Semana Santa comprenderá dende o 18 ata o 25 de abril,ámbolos dous inclusive.

SEMANA DO LIBRO

No blog da biblioteca podedes coñecer as actividades que se levarán a cabo no colexio co gallo da conmemoración do Día do Libro.

E na sección BIBLIOTECA--Recomendámosche desta web atoparedes información moi interesante sobre libros infantís e xuvenís.

Dúas novas series infantís de animación en galego.

OQO editora anuncia a próxima emisión na tvG2 de dúas series infantís de animación en galego.

Máis información na sección BIBLIOTECA--Sabías que...?

Distribuir contido