AXUDAS MUNICIPAIS DE MATERIAL (EDUCACIÓN INFANTIL) E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 23-24

 

  • ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL: Libros, material escolar e comedor
  • ALUMNADO DE PRIMARIA: Comedor
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN: do luns 5 ó venres 30 de xuño
  • MÁIS INFORMACIÓN: vigo.org

FELIZ DÍA DAS LETRAS!

Como cada 17 de maio, presentamos a Revista das Letras preparada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración con todo o profesorado e alumnado. 

 

https://alfonsorodriguezcastelao.blogspot.com/2023/05/letras-galegas-2023.html

 

Feliz Día das Letras!

ENQUISA DIAGNÓSTICA SOBRE A CONVIVENCIA

 

O Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia convida a todos os membros da Comunidade Educativa a participar nunha Enquisa de diagnose sobre a convivencia escolar nos centros educativos. A participación de todos os membros convocados resulta de gran importancia para obter uns resultados reales e fiables. 

 

No seguinte esquema atoparedes a información necesaria para participar. 

 

PRAZO AMPLIADO ATA O 31 DE MAIO

 

Para participar nesta enquisa, nos vindeiros días recibiredes un sobre coa clave persoal que deberedes empregar para o acceso.

 

 

Se precisades solventar calquera dúbida podedes facelo a través do correo electrónico ou do teléfono do colexio: 

 

ceip.castelao.vigo@edu.xunta.gal

886120253

 

Grazas por participar.

CHARLA - OBRADOIRO CON ANTÓN CORTIZAS

 

No Mes das Letras, a ANPA  e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística propoñen este obradoiro - charla do mestre Antón Cortizas no que poderá participar toda a Comunidade Educativa

Para facilitar a organización e buscar un espazo con aforo axeitado agradecemos que os que queirades participar cumprimentedes este formulario

Formulario

Contamos convosco!

 

Distribuir contido