XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

  

Estimadas familias: 

Comunicámosvos as datas das Xornadas de Portas Abertas deste curso: 

            • 24 de febreiro
            • 3 de marzo

  ás 17:00 horas

Para podervos atender con tranquilidade, creando un clima ordenado que facilite a comunicación, pregamos a vosa colaboración tendo en conta as seguintes observacións: 

  • En cada sesión o aforo estará reservado a 25 familias
  • Por tal motivo, farase unha inscrición previa mediante formulario
  • Poderedes acceder dúas persoas por familia.
  • Serán reunións para adultos. Por favor, acudide sen cativos
  • A información que se proporcionará estará enfocada, principalmente, ás familias do alumnado que solicita praza para Educación Infantil.
  • Confirmaremos a vosa asistencia a través do medio que nos proporcionedes (teléfono - email).

Segundo a vosa conveniencia, podedes inscribirvos nos seguintes formularios (non é preciso iniciar sesión para cubrilos)

Moitas grazas pola vosa colaboración