Iniciar sesión: Acceso

Letras galegas 2013

Este curso é o ano de Roberto Vidal Bolaño e o alumnado do 3º Ciclo montou este orixinal mural...

O 15 de maio xuntámonos todos na biblioteca do cole e conmemoramos o día das nosas letras. Os maiores relataron a vida e obra deste importante dramaturxo galego...

Tamén celebramos o 150 Aniversario de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro...E os nenos e nenas de 3º e 4º de E.P. recitaron algúns dos seus poemas...
Os pequenos de 3 anos dramatizáronnos "O pequeno tulipán"...
E E. Infantil de 4 anos recitaron a poesía de "A primavera"...
Aproveitamos a ocasión para anunciar os gañadores do concurso de portadas do Airiños Nº30 e entregar os agasallos...
Rematamos co maio dos nenos e nenas de 5 anos e a súa canción...De fondo tamén escoitamos a "Alborada para Rosalía" dos gaiteiros de Soutelo de Montes...
Cando voltamos ás aulas, as mestras repartiron o xornal deste ano...Ariños Nº 30 xa!!! Que mellor que entregalo o día que festexamos a nosa lingua e a nosa cultura...Esperamos que o disfrutedes!!

Back to top