Iniciar sesión: Acceso

Extraordinario (Coronavirus)

27/abril/2020 Crea o teu propio conto

 

Desta volta propóñoche que sexas ti o escritor ou escritora e crees o teu propio conto! Axúdoche un pouco dándoche algunhas ideas, só precisas un dado e a túa imaxinación.

No documento adxunto verás 3 personaxes, un obxecto, unha situación, un animal e dous lugares. Tira o dado 8 veces e vai vendo en cada casilla o que che tocou segundo o número que che saíra no dado. Cando xa o teñas todo, tócache a ti inventar o conto. 

27/abril/2020 Outra páxina interesante con moitos recursos

 

Hoxe propóñoche unha páxina con moitos xogos e actividades interactivas de case todas as áreas, lingua castelá, matemáticas, ciencias sociais e ciencias naturais. En cada apartado atoparás moitos xogos interactivos para repasar contidos xa vistos, desde exercicios de ortografía e ditados, repaso de operacións matemáticas, mapas xeográficos, corpo humano, ... hai moita variedade.

Distribuir contido

Back to top