Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar

SORTEO DA XUNTA ELECTORAL

 

Hoxe celebrouse na secretaría do centro CEIP ÁLVAREZ LIMESES, ás 12:00 horas o sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral que ten que organizar e supervisar o procedemento da elección dos membros do Consello Escolar.

De acordo coa lexislación en vigor e tras a celebración do sorteo, as persoas elexidas foron as que se relatan a continuación:

Mestres:

  • Titular: Laura Díaz de Carvalho (Nº 7)
  • Suplente: Pilar Bordetas Álvarez-Quiñones (Nº 3)

Nais/Pais/Titores:

  • Titular: Susana Enríquez Presa (Nº 167)
  • Suplente: Jorge Pérez Bande (Nº 451)

Persoal de Administración e Servizos:

  • Titular: Mª Isabel García Marvizón
  • Suplente: Yolanda Riveiro Soliño 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos. Procederemos a iniciar a renovación do Consello Escolar.

O primeiro paso a seguir é a publicación da data e hora do sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.

O vindeiro venres 29 de outubro celebrase na secretaría do centro o sorteo para a elección dos ditos membros. Deberán estar presentes no sorteo: Un representante do profesorado, un representante das familias, un representante do persoal non docente e o director:

Escolleranse:

-Entre o profesorado do centro: un titular e un suplente.

-Entre as familias: un titular e un suplente.

-Entre o persoal non docente: un titular e un suplente.

 

Día das Bibliotecas

Hoxe celebramos o día das bibliotecas cun BOOKFACE (fantástico, por certo).

Moitas grazas a toda a comunidade educativa por participar. 

 

Samaín 2022-23

 

SAMAÍN 2022-23

 

    Como en cursos pasados no CEIP Álvarez Limeses celebraremos a semana do Samaín. Ao longo da vindeira semana, do luns 24 ao xoves 27 , terá lugar O CONCURSO DE CABAZAS. Poderedes traer as terroríficas cabazas antes do xoves (incluído), xa que o xoves e o venres, un xurado especializado escollerá as gañadoras do concurso.

Por certo, o venres todo o alumnado poderá vir disfrazado.

Anímávosvos a participar.

 Recordadon outro samaín.....

 

Samaín 2022-23

 

SAMAÍN 2022-23

 

    Como en cursos pasados no CEIP Álvarez Limeses celebraremos a semana do Samaín. Ao longo da vindeira semana, do luns 24 ao xoves 27 , terá lugar O CONCURSO DE CABAZAS. Poderedes traer as terroríficas cabazas antes do xoves (incluído), xa que o xoves e o venres, un xurado especializado escollerá as gañadoras do concurso.

Por certo, o venres todo o alumnado poderá vir disfrazado.

Anímávosvos a participar.

 Recordadon outro samaín.....

 

XOGADE

Estimadas familias, 

O vindeiro día 18 de outubro, os alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria do noso centro, participará no Campionate XOGADE que terá lugar no parque da Illa das Esculturas.

Os nenos levarán o xoves a autorización para participar en dita actividade, pero queremos compartir con vós, no adxunto a esta entrada, toda a información ao respeto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut