Aprendemos sobre o ADN con Ángel Carracedo e ademais, … “XOGANDO”!!!

    Para o alumnado e profesorado de Sexto, o pasado venres día 3 foi un día inesquecible!. Baixo a batuta de Ángel, chegamos ata a molécula máis importante dun ser vivo, a que contén toda a súa información xenética. Descubrimos o Libro da Vida das cereixas, do kiwi … Extraemos o seu ADN!!! … Que ben o pasamos!!!

 

     Moi posiblemente nuns pocos anos, algúns de nós,  como os equipos do doctor Carracedo, esteamos a traballar con moitos  Libros da Vida e descifrando os seus códigos  xenéticos. Polas combinacións das  súas letras (A, adenina; C, citosina; G, guanina e T, timina), saberemos das  características dunha vida e das mutacións dos seus xenes : axudaremos así a coñecer, a previr e a curar enfermidades!!!

 
        Namentres, ata ese día, seguiremos a aplicarnos a nosa particular lenda desas 4 letriñas: A (Amor pola ciencia), C (Curiosidade por saber), G (Gusto por traballar ), e T (Tenacidade para non rendirse).

   MOITAS GRAZAS Ángel, pola ilusión investigadora que sementaches en todos nós!!! … Ata o curso que vén, profesor Carracedo!!!