Blogues
UNDER THE SEA
Enviado por A Maía o Mar, 14/07/2015 - 4:06pmO departamento de inglés trouxo para os alumnos de infantil o espectáculo UNDER THE SEA da compañia Face to Face realizado por nativos de inglés. En esta actuación era unha serea (mermaid) que vivía no fondo do mar e que lles cantou entre outras as cancións de "Head, shoulders, knees and toes", "under the sea"... onde ían aparecendo distintos animais acuáticos: lobsters, crabs, sharks, starfish.... algúns dos cales levamos preparados como marionetas de pao. Podedes ver máis premendo AQUÍ.
Un mar de persoeiros nas Letras Galegas
Enviado por A Maía o Mar, 14/07/2015 - 3:27pmO Equipo de Normalización propuxo a todo o colexio facer un barco de papel en cada clase e poñer nel o nome dun dos escritores ou escritoras homenaxeados en edicións anteriores. Despois seleccionamos un poema ou unha frase do autor, e escribímolo nos paneis das entradas tanto en infantil como en primaria...
E así , o mar rematou cheo de barcos nos que navegaban AS NOSAS LETRAS.
Rosalía de Castro foi a primeira homenaxeada no ano 1963
En 1965 o elixido foi Eduardo Pondal, autor da letra do himno galego.
amadriñamentos lectores
Enviado por A Maía o Mér, 08/07/2015 - 9:56pm
As alumnas e os alumnos de 4º de primaria do Ceip A Maía coordinados pola profe Ana do Equipo de Actividades Extraescolares, durante a hora de ler, fixeron de madriñas e padriños lectores para os pequenos de infantil. Unha actividade na que tanto os lectores como os oíntes disfrutaron moito.
ITINERARIOS LECTORES
Enviado por A Maía o Mér, 01/07/2015 - 10:06pm- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67