AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO en 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias,

 

Lembrarvos que mañá e pasado mañá a vosa filla ou o voso fillo deberá realizar as probas da avaliación de diagnóstico. Fará dúas nun día e outras dúas no seguinte día.

Esta avaliación carecerá de efectos académicos para o alumnado da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade da avaliación de diagnóstico é contribuír a determinar o nivel adquirido polo alumnado nas competencias das distintas áreas e materias de cara a promover que os centros elaboren propostas de actuación que contribúan a mellorar o nivel acadado polo seu alumnado nas ditas competencias, adopten medidas de mellora da calidade e da equidade da educación e orienten a práctica docente. En consecuencia, terá carácter informativo, formativo e orientador para os centros, para o profesorado, para o alumnado e as súas familias ou persoas titoras legais, e para o conxunto da comunidade educativa.

A información que se obteña destas probas será tida en conta polos centros para elaborar propostas de actuación que contribúan a mellorar o nivel de consecución acadado polo seu alumnado respecto dos obxectivos de área e materia, e que permitan adoptar medidas de mellora da calidade e a equidade da educación, e orienten a práctica docente. Así mesmo, será tida en conta, xunto cos demais datos obtidos na avaliación do proceso de ensino e aprendizaxe, para analizar, valorar e reorientar, se procede, as actuacións encamiñadas ao desenvolvemento do currículo da etapa.

 Esta proba realizarase en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas correspondentes ao cuarto curso de educación primaria.

As probas realizaranse en consonancia co marco teórico común de avaliación que, segundo establece o artigo 144 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, elaborarán, en colaboración, o Instituto Nacional de Avaliación Educativa e os organismos correspondentes das comunidades autónomas.

Podedes consultar máis información aquí.

Para nós, como centro educativo, é importante que todo o alumnado realice as probas.

Grazas pola vosa colaboración.

 

 

AdxuntoTamaño
AnuncioG0655-080124-0001_gl.pdf370.81 KB