INFORMACIÓN PROGRAMA APEGO: Xornada na Ribeira Sacra.

Difundimos esta información que nos chega do concello de Ames,  por se é do voso interese:

Seguimos coas actividades do programa Apego do Concello de Ames, e hoxe toca propoñervos a agardada xornada na Ribeira Sacra.

Trátase dunha excursión familiar na que visitaremos o Ecomuseo  do Pazo de Arxerizno Cabo do Mundo, e   Carballolandia, un ecoparque situado no Concello de Chantada, na Ribeira Sacra, á beira do río Miño.

Alí achegarémonos dun xeito lúdico á etnografía, á historia e á natureza da Ribeira e faremos unha chea de actividades ao aire libre, na Chousa das Férvedas e na Casa da Árbore, conducidas por Anxo Moure, o Carballo con Botas (contos na árbore, paseos, xogos populares, xogo libre, bautizo en barca de río...) para achegarnos ao mundo das árbores autóctonas, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos galegos nun espazo natural pensado para o divertimento, o lecer e a convivencia.

Xantaremos e merendaremos de campo, pero cada familia debe levar a súa propia comida e bebida.

A viaxe  será en autobús o sábado, 27 de abril (se por circunstancias meteorolóxicas houbese que aprazala, gardaránselles as prazas ás persoas inscritas que así o desexen) cos seguintes horarios:

SAÍDA DO PAZO DA PEREGRINA (BERTAMIRÁNS): 09.30 h

REGRESO APROXIMADO AO PUNTO DE SAÍDA: 21.00 h

**A actividade é gratuíta, pero as persoas adultas que queiran entrar ao museo do Pazo de Arxeriz terán que aboar alí mesmo a súa propia entrada (3 € por persoa)

 

INSCRICIÓN:

Se vos animades, anotádevos canto antes pois xa sabedes que as prazas están contadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

Para inscribirvos tedes que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal  indicándonos coma sempre:

-Nome e apelidos das persoas que solicitades asistir

-Idade do neno ou da nena

-Teléfono de contacto

Non se admitirán inscricións fóra de prazo

Tedes toda a info no cartel que vos vai adxunto.

Apertas mil!

 

AdxuntoTamaño
CARTEL CARBALLOLANDIA.jpg36.09 KB
CARTEL CARBALLOLANDIA.pdf2.66 MB