3º Curso

3º e 4º coa Tropa Trapalleira

Os alumnos e alumnas de 3º e de 4º fomos a Santiago ao teatro a ver a a tropa Trapalleira da compañía Bocaberta. A Tropa Trapalleira  presentounos o espectáculo "Pequena trapallada e algunha que outra batalla", unha serie de sketches cheos de color humor e gags físicos que nos fan reflexionar sobre o absurdo da guerra e a necesidade de empregar a tolerancia e a solución pacífica dos conflictos.

Rosiña, Laranxiño e Mariña: os tres personaxes que levan toda a carga do espectáculo representados por Carla, Beatriz e Roi

 Nos arquivos axuntos están as fotos dos rapaces cos tres actores despois do espectáculo.

Os esqueletos de 3º

  Os alumnos e alumnas de 3º A, B e C do Ceip A Maía pintaron,  recortaron, articularon e decoraron os esqueletos, relacionando así o coñecemento do corpo co Samaín.

 

O alumnado de 3º de Educación Primaria visitou esta semana a Casa do Concello de Ames.

 

 O alumnado  estivo no salón de plenos da Casa do Concello acompañado do alcalde, José Miñones, e dos voceiros dos grupos municipais de PSdeG-PSOE, Blas García, Contigo Pódese, Genma Otero, e BNG, David Santomil. As autoridades municipais explicáronlle o traballo que se desenvolve no salón de plenos. Os rapaces puideron sentarse nas cadeiras que ocupan o rexedor e os edís durante os plenos.

Nas últimas semanas estiveron tratando nas aulas o funcionamento das entidades locais e o sistema de elección dos gobernos. Tamén están coñecendo máis polo miúdo o padrón e o censo municipal. Para darlle continuidade a esta aprendizaxe, organizouse unha visita á Casa do Concello de Ames. 

 

Os rapaces e rapazas tamén realizaron un pequeno percorrido polas dependencias municipais da Casa do Concello. O alcalde explicoulles o traballo que realizan os concelleiros/as do goberno municipal, así como as funcións que teñen cada un dos edís da corporación municipal cando se celebran os plenos. Asemade, José Miñones ensinoulles o bastón de mando que ten como alcalde de Ames. Antes de rematar a visita os rapaces e rapazas fixeron unha foto de grupo coas autoridades municipais na Casa do Concello.

RAMÓN CARIDE E JAIME ASENSI NO NOSO COLEXIO

O escritor Ramón Caride, e o ilustrador Jaime Asensi, ademais de dous monitores da Asociación de familiares de Persoas con Trastorno da Comunicación Social de Ourense (ASPANAES), acompañaron na mañá do día 13 de decembro pasado ao alumnado e profesoras de terceiro curso de primaria que previamente traballaran o libro "O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas" 

Ramón Caride e Jaime Asensi contestaron ás numerosas preguntas que lles fixeron os nenos e nenas de terceiro sobre como naceu a propia historia e as ilustracións que a acompañan.

Despois da sesión cos nenos, Ramón e Jaime quedáronse para asinar un a un os libros de todo o alumnado, detalle que lles agradecemos ademais da súa presencia no noso colexio.

Moitas grazas Ramón, moitas grazas, Jaime.

 

2013-12-18 08.58.32B.JPG

 

 

 

 

 

 

 

 

  2013-12-18 08.58.18B.JPG

       2013-12-13 11.16.51B.JPG2013-12-13 11.57.44B.JPG
 

 

A RATIÑA FEROZ

Neste vídeo podedes ver o primeiro acto da obra: "A RATIÑA FEROZ" de Gloria Sánchez. Foi realizado polo alumnado de 3º C durante o curso 2011-12.

ENLACE A BLOG DE 3º NIVEL

PRETENDEMOS QUE NESTE BLOG OS ALUMNOS E ALUMNAS TEÑAN UNHA SERIE DE ACTIVIDADES, XOGOS, ... COA FIN DE COMPLEMENTAR O TRABALLO DE AULA.

Distribuir contido