Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
O Concello de Ames uniuse a esta conmemoración realizando un vídeo protagonizado por veciñas de Ames co obxectivo de visibilizar ás mulleres neste campo. As Concellerías de Promoción Económica e de Igualdade foron as responsables desta iniciativa que, producida pola empresa Mirabelle Produccións.
Deste xeito, faise pública a labor que, tanto rapazas como adultas, realizan no sector da ciencia. O vídeo recolle o traballo que fan nenas como Laura Montaña e Rosana Fernández do IES Ames; Clara González e Antía Somoza, xunto coa súa profesora Mónica Parente, no IES do Milladoiro; Martina Rey Pérez, Aixa Tarrio Mato, Enma Martinez Carrillo e Adriana Trenco Varela, alumnas do CEIP de Barouta. Ademais, neste traballo audiovisual tamén aparecen Sara Zendón e Elena Ventoso, do CEP Plurilingüe de Ventín; Aldara Domínguez e Candela Penedo do CEIP A Maía, e Zoe Glasscock e Julia Abelleira do CEIP Agro do Muíño.
Parabéns a todas as que poñen voz e opinión a este vídeo, especialmente ás alumnas de 4º de educación primaria deste centro, Aldara e Candela.
Estimadas familias, queremos iniciar unha colaboración coa Facultade de Psicoloxía de USC para realizar un estudo sobre as habilidades socioemocionais e o seu papel na prevención de problemas emocionais en nenos/ as do último curso de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria.
Os datos solicitados a partir destes traballos van orientados a adaptar un instrumento de avaliación das habilidadessocioemocionais e enmárcanse nun proxecto máis amplo dirixido a elaborar e avaliar un programa de prevención centrado no desenvolvemento das habilidadessocioemocionais nos nenos e nenas dos primeiros anos de Educación Primaria.
A realización deste estudo require da colaboración tanto de pais/nais/titores legais como dos profesores dos seus fillos/ as que deberán contestar un pequeno cuestionario sobre as condutas dos/ as nenos/ as.
Hoxe o seu fillo/a súa filla levará un consentimento informado, no que solicitamos o seu permiso para poder incluír ao seu fillo/a no estudo. Os datos que se recollerán son totalmente anónimos e analizaranse de forma agregada (análise dos datos en grupo, nunca de forma individual) só para os obxectivos desta investigación. A firma deste consentimento non lle compromete a nada e poderá deixar o estudo no momento que o desexe.
Os datos que se facilitan no consentimento van dirixidos exclusivamente ao profesor dos seus fillos/ as, para que eles saiban que nenos/ as considerar no estudo. Osdatos do consentimento non se compartirán con terceiras persoas, nin tan sequera coas persoas da USC que realizarán o traballo.
Entre os días 21 e 22 de decembro farase entrega das máscaras ao alumnado beneficiario da axuda. Levan as máscaras e un documento de entrega que deberán devolver cuberto e asinado ao centro.
Cada alumno/a beneficiario/a da axuda leva 3 máscaras hixiénicas reutilizables de dobre capa, empregadas para minimizar o risco de propagación da COVID-19 entre as persoas. Cunha durabilidade de 80 lavados, son altamente resistentes, realizadas en tecido hidrófobo e antibacteriano. Fabricadas segundo a especificación UNE_0065 para uso do alumnado. (Norma Ministerio Sanidade España).
As 3 máscaras cobren a necesidade de uso para as 122 xornadas lectivas que se computan desde a resolución definitiva (1 de decembro) ata o final de curso (22 de xuño).
Seleccionáronse todos, a cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación. Educación primaria
·1º de educación primaria_ Modalidade grupal Seleccionáronse os tres presentados (un de cada aula), a cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.
·2º de primaria Relato gañador: "O vampiro" de M.G.R. de 2ºB. Recibirá un libro de agasallo Ademais seleccionouse tamén o traballo colectivo " A casa encantada dos vampiros" de 2ºC, que recibirán uns libros para a aula.
·3º de primaria Relato gañador: "Nun palacio cheo de sangue" de P.F.B de 3ºB. Recibirá un libro de agasallo
·4º de primaria "O ciclo zombie" relato grupal de 4º B. Recibirán uns libros para a aula "O Samaín terrorífico" de S.M.G de 4º D. Recibirá un libro de agasallo
·5º de primaria "Os horrores" de N.P.F. de 5º A. Recibirá un libro de agasallo
·6º de primaria " A casa do xardineiro" de M.G.T de 6º C. Recibirá un libro de agasallo
Debido á actual situación sanitaria, este ano non se realizará a exposición de cabazas decoradas e talladas que se viña celebrando todos os anos no colexio polo Samaín.
Por iso, este ano pedímosvos que as decoredes na casa como xa viña sendo habitual e lle saquedes unha foto que se enviará ao titor/a por correo electrónico ao longo da semana que ven. Con esas fotos farase unha exposición en cada clase e os propios alumnos votarán a súa favorita. As que finalmente resulten seleccionadas colgaranse na páxina web do cole.
Grazas pola vosa colaboración.
Equipo de dinamización de actividades complementarias e extraescolares do CEIP A Maía.
Adaptación ao protocolo de prevención a transmisión da COVID-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios e as instrucións polas que se incorporan a Declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consello Interritorial do Sistema de Saúde Pública (DOG núm. 174 bis de 28/08/2020) e a actualización das recomendación sanitarias do Comité Clínico ao protocolo de 22 de xullo de 2020 de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021.
Desde o EDLG do CEIP A Maía comprácenos compartir con toda a comunidade educativa as axendas escolares creadas polo portal de recursos web "Aulas Galegas". As axendas podense descargar de balde nas seguintes ligazóns: