Inicio de Sesión

Mes da ciencia

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega damos comezo á andaina dos vídeos familiares. Con esta iniciativa pretendemos dar a coñecer o patrimonio ecolóxico, natural e cultural da nosa contorna á vez que desfrutamos da creación de contidos coas nosas familias. Ao longo de todo o curso, de forma mensual, iremos subindo os diferentes vídeos de temáticas moi variadas e entretidas que nos envíen os nos@s pequen@s artistas e ás súas familias. Así que tomade nota, non vos perdades ningún e animádevos a convertervos en auténticos reporteir@s!