Inicio de Sesión

Pesca de altura

O pasado venres 6 de marzo, reibios no centro a "Serafín Alonso" que contou ao alumnado de 4º, 5º e 6º, a súa experiencia na pesca de altura.

Serafín ten 55 anos, nado en Campelo, un pobo mariñeiro de poio en Pontevedra.

Comezou a traballar con 12 anos na pesca de baixura. Pescando sardiñas, xardas e xurelos principalmente. Aos 15 anos embarcouse en alta mar, foise a Sudáfrica adicándose a pesca da merluza. Alí estivo ata os 18 anos que foi reclutado pola mariña, onde fixo o servizo militar.

Logo do servizo militar retornou ao mar. Desta volta a Arxentina adicándose a pescar langostinos e merluzas nun barco arxentino, xestinado por unha empresa española.

Durante varios anos estivo embarcado en barcos de distintas empresas. Sempre en alta mar e en zonas como Terranova, Sur De América o Sur de África. Estivo en case todos os mares expecto no Pacífico e no Gran Sol.

Actualmente traballa no Índico como mariñeiro dun barco atuneiro. Compre lembrar o perigo de faenar nestas latitudes, xa que existe un grave problema de pirataría.

Grazas Serafín, por compartir con nós as túas experiencias.

Podedes ver as fotos na GALERÍA.

Tamén podedes os VÍDEOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.