Inicio de Sesión

Muller e Poesía

Adicamos un poema de Manuel María as nosas mulleres de cada día.

Este ano o "día da poesía" irá da man do "día internacional da muller". Nesta ocasión dende a biblioteca "Soños de Andel" elaborouse un díptico para aunar a celebración destes dous días. Cada alumno/a do centro levou un díptico cun poema do libro "Os soños na gaiola" de Manuel María, autor homenaxeado este ano no día das letras galegas, para ilustrar e adicar a unha muller importante na súa vida.

O venres 18 o alumnado dos diferentes cursos do centro, recitou diferentes poesías, seleccionadas do libro "Os soños na gaiola", citado anteriormente. A súa vez cantamos difersos poemas de Manuel María musicados polo artísta "Suso Vaamonde".

Como sempre tedes a vosa disposición as fotos e os vídeos da xornada nas súas respectivas galerías:

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación de fotos da xornada.