Inicio de Sesión

Graduacións 2017

O pasado 16 de xuño, celebramos as GRADUACIÓNS  dos alumnos de 6º de Infantil e 6º de Primaria.

En primeiro lugar o alumnado de infantil cantou a canción "Paco Papan".

A continuación todos os graduados, infantil e primaria, cantaron, en playback, aos seús pais/nais, a súa canción preferida.

O alumnado de 6º de primaria, en agradecemento as mestras e mestres que lle deron clase, ao longo de toda a súa etapa educativa, pronunciaron un pequeno pero emotivo discurso.

Posteriormente procedeuse a entrega de diplomas e orlas do alumnado de infantil.

A titora de 6º de primaria adicou unhas verbas aos graduados, para pasar a facer a entgrega de orlas e diplomas.

O alumnado de 6º interpretou co, piano e frauta a canción do "Hinmo da Alegría"

Unha nai de 6º de primaria, en representación de todos os pais/nais, pronunciou un discurso de agradecemento ao centro educativo.

Rematamos coa entrega de agasallos e a canción " A vindeira estación".

Coma sempre tedes as fotos e os vídeos da xornada nas súas respectivas galerías, tamén podedes acceder dende os seguintes enlaces.  FOTOS     VÍDEOS.

DESEXÁMOSVOS MOITA SORTE NA VOSA NOVA ETAPA.