Inicio de Sesión

Convivencia final de curso 2018

O pasado luns 18 de xuño, realizamos, todo o alumnado do centro, unha xornada de convivencia.

Pola mañá, visitamos a Granxa do Canelo en Miño, onde ademais de visitar a granxa os nenos tiveron a oportunidade de realizar diferentes xogos e degustar batidos e xeados de diferentes sabores.

Posteriormente nas instalacións do centro, realizamos unha comida de convivencia todos xuntos e rematamos a xornada cunha sesión de xogos.

Tedes as fotos na galería de fotos:

FOTOS

Despedímosnos cunha pequena presentación da xornada.