Inicio de Sesión

Complementarias

25 N: Día internacional contra a violencia de xénero

O pasado 25 de novembro celebramos no cole a "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO". Nesta ocasión unha representación do alumnado do centro, representou a obra "UNHA FELIZ CATÁSTROFE"

A continuación todos xuntos cantamos a canción de "Mago de OZ", "HOY TOCA SER FELIZ".

Tedes as fotos na GALERÍA.

Podedes ver o vídeo no seguinte enlace: UNHA FELIZ CATÁSTROFE.

Deixámosvos cunha presentación da xornada.

24 N - Día das Bibliotecas

O pasado 24 de novembro, día das bibliotecas, no CEIP Plurilingüe de Andrade celebramos unha xornada moi especial. O alumnado de sexto leunos unha carta de raoiteca.

A continuación visitaron unha biblioteca chea de libros e aventuras, cun bibliotecario dormido.

Recitamos o poema "Caminate no hay camino" e rematamos coa canción "Don Ramón" que adicamos a nosa bibliotecaria "Encarna".

Tedes as fotos na Galería.

Atoparedes os vídeos na Galería de vídeos.

Deixámosvos cunha pequena presentación de fotos.

Bicos Raoilectores.

Xogos tradicionais. Xuño 2014

Este curso, dentro do plan de convivencia do centro, realizamos, o día 20 de xuño, unha xornada de xogos. Nesta ocasión realizamos os seguintes xogos: "As chapas", " O paracaidas", "Sogatira", "As chinas", "O peón", "O Brilé", "As catro esquinas", " A pita cega". Finalizamos a xornada con dous xogos de exhibición: "As garrafas" e "Carreira de culler".

Rematamos a xornada cun almorzo, todos xuntos, debaixo do sauce.

Grazas as familias pola súa colabración nos xogos e pola súa aportación de comida para o almorzo.

Tedes as imaxes na GALERÍA. Tamén podedes ver os vídeos na GALERÍA DE VIDEOS.

Deixámosvos cunha presentación da xornada.

Felices vacacións e ata o vindeiro curso.

Graduacións 2014

O pasado Luns 16 de xuño, celebramos no centro as graduacións do noso alumnado de 6º de Infantil e 6º de Primaria.

Comezamos a celebración cunha actuación do alumnado de 6º de Infantil. Continuamos coa entrega de diplomas e orlas ao alumnado de 6º de Infantil e entrega de agasallos.

Posteriormente tocoulle o turno ao alumnado de 6º de primaria.

Unha xornada moi emotiva e dende aquí queremos dexesarlles moita sorte na súa nova etapa.

O martes 20 o alumnado de 6º representou, para as súas familias, a obra de Roberto Vidal Bolaño, "TORROUPOUTOU DA LÚA E DO SOL". Podedes ver os vídeos da representación no seguinte enlace: TORROUPOUTOU

Tedes as fotos na GALERÍA.

Igualmente podedes ver os VÍDEOS.

A continuación podedes ver unha presentación que realiza un percorrido polo paso do alumnado de 6º polo centro.

 

Deixámosvos cunha presentación dos actos da xornada.

Xornada de convivencia en Guitiriz

Este curso celebramos a xornada de Convivencia de todo o centro en Guitiriz, localidade natal do autor homenaxeado no día das Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro.

O alumnado visitou a casa onde naceu o poeta nos Vilares e a escola onde estudou de pequeno. Nestes lugares o alumnado leu poemas do autor do seu libro "Nimbos".

Posteriormente na asociación "Xermolos" recibiron unha charla sobre a vida e obra de Díaz Castro.

Para rematar realizaon a ruta da auga ata os "sete muiños".

Tedes as imaxes da xornada na GALERÍA. 

Podedes ver os vídeos no seguinte enlace: VÍDEOS.

Deixámosvos cunha presentación da xornada.

Letras Galegas 2014. OLMO

O pasado mércores 14 de maio, dentro das celebracións das "LETRAS GALEGAS", o alumnado de 5º e 6º de infantil, 1º, 3º e 5º de primaria participaron nas actividades organizadas pola "asociación veciñal OLMO".Nesta ocasión puideron disfrutar do saber facer de diferentes artesáns que agasallaron ao noso alumnado con interesantes explicacións sobre o seu oficio.

Rematamos a xornada comendo un bocadillo que repartiu a Asociación.

Grazas.

Podedes ver as fotos na galería: FOTOS.

Deixámosvos cunha presentación da xornada.

Visita Antonio M. Fraga (2º ciclo)

Ao igual que o pasado día 2 de abril, onte venres 25 de abril, recibimos a visita do escritor eumés "Antonio Manuel Fraga Allegue". Neste caso foi o alumnado do 2º ciclo o que compartiu, có poeta eumés, unha xornada inesquecible.

Tedes as fotos na GALERIA.

Deixámosvos cunha reportaxe da xornada.

Visita Antonio M. Fraga

O pasado día 2 de abril, día internacional do libro infantil, visitou o noso centro o escritor Eumés "Antonio Manuel Fraga Allegue", premio Merlín de literatura infantil, co libro "O CASTIÑEIRO DE ABRIL". Unha xornada especial para o alumnado do 3º ciclo participante.

Tedes as fotos na GALERÍA.

Deixámosvos cunha ampla reportaxe da xornada.

Día da poesía

Este curso, como en cursos anteriores, no CEIP Plurilingüe de Andrade celebramos o "Día da Poesía". En primer lugar alumnos de primaria leron o decálogo: "COMO NON LER UN POEMA".

A continuación cada curso explicou a poesía DADA que previamente habían elaborado.

Rematas cantando a canción "María e a Poesía".

Podedes atopar máis información no blogue da biblioteca: RAIOTECA

Coma sempre tedes as imaxes na GALERÍA.

Os vídeos os podedes atopar no seguinte enlace: VÍDEOS.

Rematamos cunha pequena presentación da xornada.

Día da Muller Traballadora

No CEIP Plurilingüe de Andrade, como en anos anteriores, celebramos o día 8 de marzo "Día da muller traballadora". Nesta ocasión aolumnos de 3º., 4º e 5º de primaria representaron o conto coeducativo "CENICIENTO".

Rematamos cantando a canción "No bico un cantar", canción adicada a unha das mulleres mais importantes na historia galega "ROSALÍA DE CASTRO".

Tedes as imaxes na GALERÍA.

Os vídeos podedes na GALERÍA DE VÍDEOS.

Deixámosvos cunha reportaxe da xornada.