Inicio de Sesión

Complementarias

Día do amigo 2014

O vindeiro 14 de febreiro, celebranos no centro o "Día do Amigo", nesta ocasión o alumnado do 1º ciclo de primaria. leeu ao resto do cole o libro "Ser amigo"

Tedes as imaxes na Galería. O vídeo podedes atopalo no seguinte enlace: Vídeo día do amigo.

Coma sempre deixámosvos cunha presentación da celebración.

FIN DE CURSO 2012-2013

O pasado 21 de xuño, no CEIP Plurilingüe de andrade, celebramos a festa de fin de curso e as graduacións do alumnado de 6º de infantil e 6º de primaria.

Comezamos a xornada coa representación, por parte do alumnado do 3º ciclo, da obra de teatro "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL" de Roberto Vidal Bolaño.

O alumnado de 6º de infantil bailou, para eles, a banda sonora de "TADEO JONES".

Procedeuse a entrega de diplomas ao alumnado de 6º de infantil e 6º de primaria.

Realizamos o visionado dun vídeo, elaborado por Mila e Isabel Galán, sobre a  traxectoria do alumnado de 6º no noso centro, un momento tremendamente emotivo.

Rematamos todos xuntos bailando e cantando o "RAP DE ANDRADE".

FELIZ VERÁN E ATA SETEMBRO.

Tedes os vídeos e as fotos nos seguintes enlaces. FOTOS   VÍDEOS

Coma sempre deixámosvos cunha pequena mostra fotográfica da xornada.

 

O quebranoces

O pasado día 30 de maio, dentro dos actos programados para celebrar o día das Letras Galegas, contamos no centro coa "Agrupación musical Musicreques" (Loreto e Alma) que representaron, a trates de títeres a obra " O quebranoces" con música de Chaikovski.

Tedes as fotos na Galería e podedes visionar os vídeos.

Deixámosvos cunha pequena presentación dos actos.

Intercambio de Auxiliares

O pasado xoves 23 de maio, fixemos unha actividade de intercambio de auxiliares de conversa co CEIP Couceiro Freijomil. Dominic, o auxiliar do noso cole, baixou ao Couceiro e contoulles aos rapaces como é o lugar onde vive, "Arizona" e un conto titulado "Amelie wants a dog".

Despois Stephanie, a auxiliar do Couceiro, visitou o noso cole e contoulles aos nenos o conto "What would like to be?". Foi unha xornada moi interesante e que fixo moita ilusión ao alumnado.

Tedes as fotos na GALERÍA.

Letras Galegas 2013. Visita ó Olmo

Este ano, coma en anos anteriores, participamos nas actividades organizadas pola asociación de vecionos "Olmo", co gallo da conmemoración do día das Letras Galegas. O alumnado de Infantil 1º, 3º e 5º tiveron a oportunidade de ver traballar a distintos artesáns: zoqueiros, ferreiros, artesáns do cristal,...

Tedes as fotos da xornada na GALERÍA.

Ilustrador Pablo Otero

O pasado xoves 11 de abril, dentro das actividades programadas para o mes do libro, recibimos a visita do ilustrador "Pablo Otero". que inpartíu un obradoiro sobre ideogramas e caligramas.

Tedes todas as imaxes na GALERÍA.

Deixámosvos cunha pequena mostra. Ata pronto.

Día mundial da poesía

Hoxe 21 de marzo celebramos no cole "o día da poesía". En primeiro lugar os alumnos de 6º explicáronnos como disfrutar da poesía.

Despois Andres, Yago, Artur, Martín, David,Lucía, Iria, María e Inés, recitáronnos un libro que deixou RAIOTECA: " O rato Frederick".

Rematamos cunha proposta: Na entrada do centro están expostas unha serie de poesías, cada neno, voluntariamente, escolle unha e ten que traer unha imaxe alusiva a esa poesía. Haberá agasallos para todos os participantes. Ánimo poetas e poetisas.

Coma sempre tedes as fotos da xornada na GALERÍA. Tamén podedes ver o video.

Deixámosvos cunha pequena mostra da xornada.

Día internacional da muller traballadora

Dende o xoves, dia 7 de marzo, iniciamos no colexio a exposición oral dos traballos que todo o alumnado do centro realizou con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller".

Co título As mulleres que nos rodean, cada un de nós, incluidos os mestres,  trouxemos unha foto dunha muller moi especial nas nosas vidas, e escribimos un texto breve ou pé de foto. Despois xuntámonos no Recanto dos Contos para presentar os nosos traballos.

Tedes os vídeos e as fotos nas respectivas galerías.

Aquí tedes unha mostra:

Bibliotómbola de Nadal 2012

Aquí tedes os vídeos da celebración da "BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL".

Recitando a Celso Emilio Ferreiro

O pasado día 12 do 12 do 2012, xuntámonos todos no salón de actos para conmemorar o centenario do nacemento de "Celso Emilio Ferreiro". Por ciclos, todo o alumnado do cole recitou o poema "DEITADO FRENTE AO MAR".

Como sempre tedes as fotos da xornada na GALERÍA. Tamén podedes ver o VÍDEO. 

Deixámosvos cunha presentación de fotos da celebración.