Skip to Content

INFORMACIÓN ENTROIDO 2024

Prezadas familias:

No documento adxunto atoparedes información para elaborar os disfraces.

É un documento do centro, cada titoría organizará os seus horarios e coordinarase coas familias.

Proximamente teremos máis información sobre a xornada de celebración que terá lugar o 9 de febreiro que estamos preparando en coordinación coa ANPA.

 

Fin do 1º trimestre. Actividades 21 de decembro.

FESTA PRE FIN DE ANO 21 DE DECEMBRO

 

NOVOS ENDEREZOS ELECTRÓNICOS

Recentemente creamos dúas novas contas de correo vinculadas ao centro educativo.

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

orientacion.ceip.apostolo.santiago@edu.xunta.gal

 

SECRETARÍA (trámites, matrícula, certificados...)

secretaria.ceip.apostolo.santiago@edu.xunta.gal

LISTADO MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

Ver documento adxunto.

ALTA NA ANPA DO CEIP APÓSTOLO SANTIAGO

A ANPA do CEIP Apóstolo Santiago inicia actividades co curso: a primeira asemblea do ano será o xoves 5 de outubro ás 17:30 (en breve achegarase orde do día e información sobre ludoteca).

As familias que queiran facerse socias poderán a través desta ligazón: https://anpaapostolo.blogspot.com/p/formulario-socias.html,

ou ben nun dos documentos anexos. Haberá copias na conserxaría.

Máis información en https://anpaapostolo.blogspot.com/.

INSCRICIÓN ACTIVIDADES ANPA

A ANPA abre prazo de inscrición este 11 de setembro, co curso escolar, para as actividades extraescolares.

Este prazo estará aberto ata o 22 de setembro, e o 25 publicarase a lista de persoas admitidas no taboleiro da ANPA. A partir de aí, poderase entrar nas prazas vacantes.

Pódese facer a inscrición en formularios de papel, que estarán a disposición na conserxaría, ou ben a través dun formulario online. 

Hai máis información das extraescolares a partir de outubro no documento anexo.

Máis información en https://anpaapostolo.blogspot.com/.

 

AUTORIZACIÓN TRANSPORTE ALUMNADO 5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

En arquivo adxunto achegamos un documento que contén (entre outras) a autorización para que o alumnado de 5º e 6º de educación primaria poida marchar para a casa sen acompañante.

Sería desexable que o alumnado de 5º e 6º de educación primaria trouxese este documento impreso o día 11 de setembro á escola.

Adscrición titorías 2023-24

Comunicamos a relación de mestras titoras para este curso.

4º EI: Rocío Castro

5º EI: Paula García

6º EI: Mirian Miramontes

1º EP: Rosa Mª Conde

2º EP: Mª Eugenia Otero

3º EP: Sara Arias

4º EP: Delfina Bañobre

5º EP: Mª del Pilar Junquera

6º EP: Susana Doel

 

Debido ás dificultades xurdidas esta mañá coa platarorma de comunicación ABALAR, foron chamadas as familias do alumnado de Educación Infantil a unha reunión que terá lugar o venres 8 de setembro ás 10 h.

As reunións de titorías de Educación Primaria celebraránse despois do comezo do curso.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2023_24

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2023_24

Apertura do prazo para a solicitude do servizo de madrugadores e comedor do concello de Santiago de Compostela

 

Na seguinte ligazón está a información precisa para solicitar os servizos de madrugadores e comedor para o curso 2023-24.

PRAZO: Do 18 de xullo ao 28 de agosto.

 

http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=22620

Distribuir contido


by Dr. Radut