Skip to Content

BENVIDOS/AS AO NOSO COLEXIO

CEIP DE ARTEIXO

AVDA. ARSENIO IGLESIAS 33B -15142 ARTEIXO

TLF: 981 64 12 84 

CORREO DO CENTRO: ceip.arteixo@edu.xunta.gal

CORREO ADMINISTRACIÓN: administracion@ceipdearteixo.org 

 

HORARIO SECRETARÍA 22 DE ABRIL DE 2024

 

FOGGA: REPARTO DE LEITE. EDUCACIÓN PRIMARIA

A partir do mércores 3 de abril e durante 20 días consecutivos, seralle repartido leite 100% galego ao alumnado da etapa de Educación Primaria, correspondente ao segundo período de distribución de leite grazas á axuda convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

O reparto realizarase durante o período de lecer.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023/2024

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Pode atopar máis información no taboleiro de novas desta web ou no seguinte documento: Información

RESOLUCIÓN SOLICITUDE DE PRAZA PARA 1º E.S.O. CENTRO ADSCRITO IES MANUEL MURGUÍA CURSO 2024-2025

Comunicámoslles que todas as solicitudes de reserva de praza para 1º da E.S.O. no centro adscrito IES Manuel Murguía foron admitidas. Poderán consultar a listaxe na secretaría do instituto.

A formalización da matrícula deberá realizarse no instituto no mes de xuño. Páxina web IES Manuel Murguía

 

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2024-2025

MARIOLA SOLIDARIA: CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO 2º TRIMESTRE

Estimadas familias:

Informámoslles que o centro participará, un trimestre máis, na recollida de roupa e calzado usado organizado por Mariola Solidaria, en beneficio da ONG Global Humanitaria. Nos vindeiros días entregarémoslle a cada alumno/a unha bolsa para todas aquelas persoas que desexen participar. Poderán traer as bolsas coa roupa ata o martes 5 de marzo  en horario de 9:45 a 11:45 e de 16:00 a 18:00h A partir dese día xa non se recollerán máis bolsas.

A recollida da roupa realizarase o mércores 6 de marzo en horario de mañá.

Lembrámoslles tamén que ata o martes 5 de marzo, en horario de 16:00 h  a 18:00 h, segue a súa disposición a roupa esquecida do alumnado para que a poidan recoller. A roupa non recollida será doada e retirada do centro o vindeiro mércores 6 de marzo.


Máis información sobre a Campaña Mariola Solidaria:

Funcionamento 

Información global


Atentamente. Dirección. 

Distribuir contido


by Dr. Radut