Skip to Content

Preparándonos para o Samaín...

MARIOLA SOLIDARIA: CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO

Estimadas familias:

Informámoslles que o centro participará, un ano máis, na recollida de roupa e calzado usado organizado por Mariola Solidaria, en beneficio da ONG Global Humanitaria. Nos vindeiros días entregarémoslle a cada alumno/a unha bolsa para todas aquelas persoas que desexen participar. Poderán traer as bolsas coa roupa ata o mércores 4 de outubro  en horario de 9:45 a 11:45 e de 16:00 a 18:00h. Tamén poderá traela o alumnado ata o xoves 6 de outubro, incluído, e entregarlla ao titor/a, no momento da entrada no centro.  A partir dese día xa non se recollerán máis bolsas.

A recollida da roupa realizarase o xoves 5 de outubro en horario de mañá.

Lembrámoslles tamén que ata o martes 3 de outubro, en horario de 16:00 h  a 18:00 h, segue a súa disposición a roupa esquecida do alumnado para que a poidan recoller. A roupa non recollida será doada e retirada do centro o vindeiro xoves 5 de outubro.


Máis información sobre a Campaña Mariola Solidaria:

Funcionamento 

Información global


Atentamente. Dirección. 

TRANSPORTE ESCOLAR: AVISO CAMBIO NOME PARADA

 

  • TRANSPORTE ESCOLAR. CAMBIO DE NOME DA PARADA PONTE DO BA 2 A FOXO

Comunicámoslles que, debido a un cambio realizado por Xefatura Territorial, a parada da liña 4 “PONTE DO BA 2” pasará a denominarse FOXO. Será no mesmo lugar, unicamente cambia o nome da parada.

 

Esta parada é realizada pola liña 3 e pola liña 4. Os usuarios da liña 4 que empregan a parada “PONTE DO BA 2”, seguen a coller o bus no mesmo sito, aínda que agora chamarase FOXO.

 

  • LOCALIZACIÓN DAS PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR

Informámoslles que poderán coñecer a ubicación exacta de todas as paradas das catro liñas de transporte escolar do centro, consultando o seguinte documento. (Clicar encima para abrir).  Están insertados os hipervínculos para cada unha das paradas coas coordenadas facilitadas pola Consellería.  Deberán clicar nas que sexan do seu interese.

INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE DE LINGUA ÁRABE E CULTURA MARROQUÍ (PLACM): CURSO 2023-2024

Desde mañá venres 22 e ata o venres 29 de setembro, queda aberto o prazo para realizar a inscrición na actividade de lingua árabe e cultura marroquí.

Para efectuar a inscrición o alumnado interesado poderá entregarlle a solicitude á súa titora ou titor debidamente cumprimentado.

Os impresos poderán solicitalos en administración ou ben descargalos: Aquí. 

CONVOCATORIA PARA A SOLICITUDE DE BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 23-24

Xa está aberta a convocatoria para a solicitude de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 23-24. O prazo remata antes do 20 de setembro. É moi importante que sigan as instrucións que se detallan no enlace. Para acceder premer aquí.

CIRCULAR INICIO DE CURSO 2023-2024

 

 

 

 

Clica na imaxe para consultar a información.

 

 

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS E. PRIMARIA

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023-2024

As listaxes definitivas de usuarios/as de transporte escolar para o curso 2023-2024 poderán ser consultadas a partir de mañá martes en horario de 9 a 14 horas.

As listaxes estarán expostas no interior do centro ao lado de administración.

 

MOI IMPORTANTE! As familias que precisen facer algún cambio na autorización das persoas autorizadas para recoller aos seus fillos/as na parada de autobús deberán comunicalo o antes posible a través da autorización de transporte (descargar aquí) e enviala por correo electrónico á seguinte conta: administracion@ceipdearteixo.org co asunto "Actualización persoas autorizadas transporte" ou ben entregala na secretaría do centro.

Autobús escolar amarillo | Vectores de dominio público

HORARIO DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN

DURANTE ESTA SEMANA DE ADAPTACIÓN, O ALUMNADO QUE COMEZA EN 4º DE INFANTIL, DISTRIBUIRASE EN DOUS GRUPOS (1 E 2) CO HORARIO QUE APARECE NA TÁBOA. AS TITORAS INFORMARÁN ÁS FAMILIAS POR CORREO ELECTRÓNICO DE EN QUE GRUPO VIRÁ CADA NENO/A.

Distribuir contido


by Dr. Radut