Skip to Content

MARIOLA SOLIDARIA: 2ª CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO

Estimadas familias:

Informámoslles que o centro participará na recollida de roupa e calzado usado organizado por Mariola Solidaria, en beneficio da ONG Global Humanitaria.  Mañá, venres 24 de febreiro,  entregarémoslle a cada alumno/a unha bolsa para  todas aquelas persoas que desexen participar. Poderán traer as bolsas coa roupa/calzado o martes 7 de marzo en horario de 9:45 a 11:45 e de 16:00 a 18:00h. Tamén poderá traela o alumnado  o mesmo día da recollida.  A recollida da roupa realizarase o mércores 8 de marzo.

Lembrámoslles tamén que ata o luns 6 de marzo, en horario de 16:00 h  a 18:00 h, segue a súa disposición a roupa esquecida do alumnado para que a poidan recoller. A roupa non recollida será doada e retirada do centro o vindeiro mércores 8 de marzo.

Máis información sobre a Campaña Mariola Solidaria:

Funcionamento 

Información global


Atentamente. Dirección. 

ENTROIDO 2023

Sobre como o Entroido celebramos queres saber, na imaxe debes premer.

CONCURSO PILABOT

Pilabot::Recicla con Energía | Recursos

A partir de hoxe e ao longo das 6 semanas seguintes levaremos a cabo a recollida de pilas do alumnado de Primaria no centro. Para máis información, premer na imaxe.

 

FELICITACIÓN

As vacacións de Nadal abranguerán desde o 23 de decembro ata o 8 de xaneiro. Volveremos ás aulas o luns 9 de xaneiro.

BIBLIOTECA: RECOMENDACIÓNS DE LECTURA. NADAL 2022

O equipo de Biblioteca do CEIP de Arteixo elaborou este tríptico

coas recomendacións de lectura para o alumnado de Infantil e

Primaria para este Nadal. PREMER NA IMAXE.

 

l

 

POSTAIS SOLIDARIAS: RECOLLIDA DE ALIMENTOS 2022 CC ARTEIXO- CEIP DE ARTEIXO

 

Un ano máis, o alumnado do noso centro colabora na campaña solidaria de recollida de alimentos do Centro Comercial Aberto de Arteixo a través da elaboración de postais de Nadal, que se intercambiarán por alimentos nos distintos comercios participantes na campaña, e na que pode participar calquera persoa interesada. Para poder coñecer os comercios onde están ubicadas as postais elaboradas polo alumnado do CEIP de Arteixo, premer na imaxe.

 

As postais estarán expostas dende o sábado día 17 de decembro ata o 8 de xaneiro (datas nas que se poden entregar alimentos). O 9 de xaneiro, luns, o Banco de alimentos recolle todos os alimentos que queden, aínda que tamén se fará unha recollida o 26 de decembro.

  

 

PROGRAMACIÓN DE NADAL

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022: PUBLICACIÓN DE RESULTADOS

Están publicados, no taboleiro de anuncios da secretaría do centro, os resultados das votacións ao Consello Escolar 2022 do sector pais/nais, celebradas neste centro ao pasado luns 28 de novembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut