Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: CIRCULAR INFORMATIVA VOTACIÓNS SECTOR PAIS/NAIS

Poden consultar  a circular informativa sobre  as votacións do sector pais/nais, que se levarán a cabo o vindeiro luns 28 de novembro de 17 a 20 horas. Premer aquí.

Eleccións Consello Escolar 2022: Proclamación candidaturas sector nais, pais, titores/as legais

Segundo o calendario para a celebración de eleccións ao Consello Escolar aprobado pola Xunta Electoral na reunión do pasado 2 de novembro, no día de hoxe, na segunda reunión da Xunta Electoral, procedeuse á admisión e proclamación de candidaturas do sector de nais, pais e titores/as legais. 

A listaxe de candidaturas, ordenadas por orde alfabética estarán publicadas no taboleiro de anuncios de administración, no interior do centro, desde o día de hoxe.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

  • Convocatoria Eleccións dos representantes de nais, pais e titores legais ao Consello Escolar. (03/11/2022). Premer aquí.

CHEGOU O MAGOSTO!

O vindeiro 11 de novembro celebraremos o Magosto.

O alumnado pode traer as castañas dende o mércores 9 de novembro (lembrade facerlles un corte para que non estalen no lume). Boa festa!

DÍAS NON LECTIVOS

O vindeiro luns 31 de outubro, día do ensino, é día non lectivo e o martes 1 de novembro é festivo nacional, polo que o centro estará pechado os dous días. Volveremos ás aulas o mércores 2 de novembro.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

 

 

 

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022. DOG do 30 de setembrorealizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do precedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e integrada por: a directora
, un/ha profesor/a, unha nai, pai ou titor/a ou legal, representante do PAS. Os tres últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).

Dito SORTEO público, no que se preverá a designación de membros suplentes, será celebrado o mércores 26 de outubro, no salón de actos. Acceso á circular informativa do sorteo: Premer aquí.

CONCESIÓN DIRECTA DA AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR REGULADA NA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 202


No día de hoxe, 14 de outubro de 2022, foi publicada a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022, a cal no punto 4 dispón efectuar unha ampliación da axuda para adquirir material escolar a favor das persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50 €, concedéndolle 25 € adicionais ata acadar un importe total de 75 €. Estes vales deberán ser empregados na libraría/establecemento, preferiblemente, antes do 1 de decembro de 2022.

Estes vales de ampliación de 25€ poderán recollerse en horario de atención ao público, de 9:50 a 11:45 horas, segundo o calendario que segue:

 

CALENDARIO PARA A RECOLLIDA DE VALES DE AMPLIACIÓN OUTUBRO 2022

19 DE OUTUBRO

1º e 2º E.P.

20 DE OUTUBRO

3º e 4º E.P.

21 DE OUTUBRO

5º e 6º E.P.

 

As persoas que non poidan acudir nestas datas poderán recollelos de dúas formas distintas:

- Autorizando a outra persoa a recollelos no seu nome. Para iso, deberán cubrir e asinar esta autorización (documento editable), que deberá entregar a persoa que recolla o vale en secretaría na data que o recolla xunto coas copias dos DNI/ Pasaporte de ambos, persoa que autoriza e persoa autorizada.

- Acudir noutra data distinta solicitando cita previa de xeito telefónico: 981 64 12 84

 

 

 

 

 



CIRCULAR INFORMATIVA INICIO DE CURSO

Achégase Circular Informativa de Inicio de Curso. Acceso aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut