Skip to Content

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Revista Rego da Auga

Pinchando na imaxe podedes consultar a edición deste curso da nosa revista escolar Rego da Auga:

FillAs de Breogán: Ses

 O alumnado de 5 anos (6º de educación infantil) preséntanos a Ses:

 

FillAs de Breogán: Tanxugueiras

 De seguro que coñeces ás Tanxugueiras pero, da man do alumnado de 1º de primaria, ímolas coñecer aínda mellor!

 
 
Por suposto, as nenas e nenos de primeiro decoraron o seu corredor cun mural destas artistas:
 

 

 

 
 
 
E, ademais, podes consultar AQUÍ a presentación en power point que resume toda esta información.

 

 
 

FillAs de Breogán: De Vacas

 Continuamos coñecendo a artistas da música galega a través do proxecto FillAs de Breogán.

 

É a quenda do alumnado de 2º de primaria, quen nos presenta ao grupo "De Vacas":

 

 

 

No corredor hai un mural moi chulo que recompila moita desta información:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FillAs de Breogán

Ola a todas e todos!

 
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos presentarvos un proxecto no que comezamos a traballar durante este curso.
 
Eduardo Pondal no seu poema Os Pinos, himno da nosa terra, fala de Galiza como a nación de Breogán. As fillas de Breogán son aquelas mulleres galegas que co seu traballo fan avanzar a nosa sociedade.
 
Por isto, este proxecto que hoxe presentamos leva por título "FillAs de Breogán".
 
Iremos pouco a pouco coñecendo o traballo de mulleres galegas que sobresaíron no seu eido, pero sen esquecer que hai outras moitas mulleres anónimas que no seu día a día tamén conseguen que se fagan realidade cousas ben fermosas coa súa labor.
 
Este curso enfocarémonos en coñecer a mulleres galegas do eido da música. Durante as próximas semanas, da man do alumnado do noso CEIP Arteixo, iremos descubrindo datos curiosos sobre mulleres músicas que chamaron a súa atención.
 
Esperamos que estas FillAs de Breogán tamén vos resulten inspiradoras!
 

 

 

FillAs de Breogán: Susana Seivane

 Imos coñecer a Susana Seivane grazas ao alumnado de 3º de educación primaria:

 
 
 
No corredor temos un mural moi chulo elaborado polos cativos e cativas:
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Tal e como vos contan no vídeo, un dos alumnos tivo a sorte de ir coñecer a Susana no seu obradoiro:
 
 
 
 
 
 
En todas as aulas podemos atopar material interesante para aprender moitas cousas sobre esta gaiteira:
 
 
 
 
 

FillAs de Breogán: Luz Casal

 Da man do alumnado de 4º de primaria coñecemos a Luz Casal:

 
 
No mural que realizaron, temos un bo resumo do contido do vídeo:
 

 

 

 

 

FillAs de Breogán: Guadi Galego

O alumnado de 5º de Primaria axúdanos a coñecer mellor a Guadi Galego:

 

 

 

Temos os corredores cheos de murais sobre esta artista:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Grazas pola túa música Guadi Galego!

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Rego da Auga 2019

Xa está aquí a edición deste curso da nosa revista Rego da Auga. Picade enriba da imaxe e poderedes descargar o pdf completo. 
Esperamos que vos guste!
 
Distribuir contido


by Dr. Radut