BANCO DA AMIZADE

 

 

 

 

 

Hoxe 1 de xuño fixéronnos entrega dun agasallo en forma de banco para o patio do noso cole. Este banco foi elaborado dentro dun obradoiro de intercambio interxeneracional que dende hai anos están a levar a cabo dende a Asociación ARELA de Vigo e un grupo de voluntarios xubilados (da zona de Coia desta cidade). O banco traballouse dentro dun obradoiro de carpintería no que este grupo de voluntarios compartiron os seus coñecementos, sabedoría e a súa compañía con un grupo de adolescentes e persoal educativo de ARELA. O banco é froito do traballo colaborativo que se desenvolveu ó longo dos últimos meses e para o que ademais contouse coa doazón do material a través da empresa Nauteka, na que traballa unha  mamá do colexio.

 

Hoxe estiveron no cole unha representación destas persoas voluntarias e da Asociación ARELA, así como do CEIP A Rúa. Compartimos un agradable momento de charla sobre a importancia da convivencia e o intercambio de experiencias, independentemente da idade. O banco sitúase na contorna próxima ó rio Saíñas e á sombra do gran castiñeiro. Sentar neste banco facilitará a nenos, nenas, familias e profesorado unha entrada directa de enerxía positiva pois foi construido con esta finalidade e co maior dos cariños.

 

 

               

 

REDES SOCIAIS E TECNOLOXÍAS.

Esta guía ofrece enlaces de interese para nais e pais que buscan en educar nun uso seguro, responsable e positivo das Tecnoloxías da Relación, a Información e a Comunicación (TRIC).  Clicade na imaxe:

 

DÍA DO LIBRO NA ALAMEDA VELLA DE CANGAS

LITERATURA INFANTIL E XUVENIL UNHA VIAXE EN FAMILIA

 

Esta proposta sae do plan " Lectura e Familas", esperámosvos. Contamos con servizo de canguraxe.

Marta Ortiz: Para saber máis sobre ela

7 claves para entender as fake news!

Dende o plan de familias e lectura organizase esta charla. Animados a vir!!

MULLERES ARQUITECTAS / PATIOS VIVOS

No marco da suvención dE igualdade da ANPA e dentro do noso proxecto de patios inclusivos, hoxe realizaron unha actividade baseada no traballo dunhas arquitectas famosas que podedes ver no pdf adxunto.

 

ESCOLA DE FAMILIAS

NOVO CHEQUE DE LIBRO 25 EUROS

 

As familias beneficiarias do cheque de material de 50 euros, recibirán outro vale adicional de 25 euros, recoméndase gastalo antes de decembro.

Poderán pasar a recollelo a partires do mércores 19 de outubro.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Distribuir contido