SOLICITUDE DE MASCARILLAS

O arquivo adxunto tedes que descargalo, cubrilo e entregalo no centro.

a) Non ten que presentar solicitude:O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpraalgunha das seguintes condicións:

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

Alumnado matriculado en educación especial.

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

O prazo remata o 25 de novembro do 2021

XORNADAS POLA IGUALDADE

No arquivo adxunto podedes ver o cartaz.

COMEZAMOS CO NOVO PROXECTO DE CINEMA EN CURSO

Cinema en Curso xa está en marcha!

 

Onte en Santiago os alumnos de sexto coñeceron no teatro Pricipal de Santiago, a algúns dos nen@s de Galicia que este ano participan neste ilusionante proxecto.

Compartimos visionados de distintos cineastas: panorámicas do Lumier, travellings de Chantal Akerman,  ou películas de Vittorio de Seta onde se podían ver traballos moi tradicionáis...os alumnos dos distintos centros de primaria e secundaria, participaron comentando as opinións sobre os visionados e desfrutando  de facelo en gran grupo, acostumados a analizalos só na aula, como grupo clase.

Estamos desexosos de vernos de novo ao finalizar o curso, coas nosa películas rematadas podendo cometalas outra vez todos xuntos, falando sobre todo o vivido.

 

 

 

SAMAGOSTÍN

Ameazaba con chuvia, pero aguantou

Polo que  poidemos festexar este día, con disfraces de medo, comendo castañas, bailando nas aulas, xogando a xogos populares e sacando fotos no fotocall da castañeira.

RADIO EN IGUALDADE

 

 

Toda  a semana pasada, cada clase de primaria, realizou uns obradoiros sobre Radio en Igualdade. 

Encantadísimos de usar os micros e aprender que tod@s somos iguais, homes  e mulleres! Como se falaba na aula de 1º, non hai profesións para homes, nin cores de mulleres... pronto veremos como quedou o traballo realizado este día!

Deixovos unha imaxes, da clase de 1º traballando no obradoiro:

      

      

 

 

GRAZAS ANPA DO CEIP A RÚ

A POR TRAERNOS ESTA FERMOSA ACTIVIDADE ÁS AULAS E GRAZAS TAMÉN Á ASOCIACIÓN AGARESO POR FACERNOS GOZAR TANTO APRENDENDO.

BIBLIOTECA VIVA ANPA

Podemos ler nestes dous documentos en que consiste e o protocolo COVID que segue esta actividade.

 

EXTRAESCOLARES

ELECCIÓNS DA XUNTA ELECTORAL

ELECCIÓNS DA XUNTA ELECTORAL PARA AS VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

            Este curso escolar toca renovar  parte do Consello Escolar ( 3 pais, un deles representando a ANPA e 3 mestres do centro). Polo que precisamos un candidato de entre os pais para pertencer a esa mesa electoral das eleccións que se celebrarán o 23 de novembro, ( seguindo o artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG  9 de agosto)

            Os candidatos, terían que ser pais ou nais con dispoñibilidade horaria polas mañás para poder vir ao centro. Aqueles interesados ou interesadas escribídeme o correo do centro ceip.arua@edu.xunta.gal, co asunto Xunta Electoral. Cos que mes escribades ata venres farei un sorteo público no cole, para seleccionar un candidato, ese sorteo realizarase o vindeiro luns 18 as 9:35 no comedor, a resolución desta será comunicada na páxina web do centro ese mesmo luns.

 

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA

 

A RÚA ENTRA NA TÚA CASA

 

Co fin de fomentar o uso do galego na nosa escola e como parte do proxecto “A Rúa sae á Rúa” gustaríanos contar coa participación das familias nesta actividade.

 

Cada mes os nenos e nenas dun curso terán a oportunidade de gravar un conto, unha historia, un relato... xunto coas súas familias, na nosa lingua galega. Despois faránolo chegar ao cole para que todos e todas poidamos desfrutar del e realizaremos diversas actividades nas aulas.

 

ANIMÁDEVOS, A CREAR E CONTAR HISTORIAS MARABILLOSAS!!!!

 

Empezaremos no mes de outubro cos nenos e nenas de 6º de primaria.

 

No mes de novembro será o alumnado de quen nos deleite cos seus contos.

 

Antes de nadal, alá polo mes de decembro serán os de 4º de primaria quen nos conten as súas historias.

 

Xa co aninovo, no mes de xaneiro os nenos e nenas de inaugurarán o ano cuns fermosos contos.

 

No mes de febreiro será o alumnado de 2º de primaria quen nos invite a escoitar os seus relatos.

 

Continuarán os máis pequenos de primaria, os de 1º curso no mes de marzo, con relatos na primavera.

 

No mes de abril, comezarán a contarnos as súas historias os de infantil, comezando cos de 5 anos, continuaremos en maio no mes das Letras Galegas cos de 4 anos e rematarán esta proposta co alumnado de 3 anos no mes de xuño.

 

Unha semana antes de cada mes lembraremos o curso ao que lle vai tocar esta grande experiencia.

 

ANIMÁDEVOS FAMILIAS!!!!

 

Distribuir contido