ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Adxunto ficheiros coa información e folla para cubrir.

 

PROGRAMACIÓNS POR CURSOS 2021-22

MÓLLATE POLOS RÍOS

Hoxe a ANPA, xunto con pais, alumnos e profesorado do CEIP A RÚA, molláronse polo río Saíñas, seguindo a campaña" Móllate polos ríos"

 O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008, organizando un día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. Un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Pretenden así concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos de lixo os nosos cursos fluvias como premisa para garantir a súa saúde.

Podesdes ver aquí as fotos do que sacaron esta mañá do río, situado ao lado do colexio, o río Saíñas. Clicade na foto para acceder o album.

                                                                   Nigrán súmase un ano máis ao proxecto de Adega "Móllate polos ríos" -  Comarcas na Rede

AULA MATINAL E COMEDOR

MAÑÁ DÍA 9 AS 8:00 COMEZARÁ A AULA MATINAL E O COMEZDOR DARÁ COEMZO O VINDEIRO LUNS 13.

 

AULA MATINAL

MEDIDAS COVID AULA MATINAL

1 HORA AULA MATINAL

1 HORA E MEDIA AULA MATINAL

 

COMEDOR

INFORMACIÓN E APLICACIÓN

SOLICITUDE DE INSCRIPCIÓN ENVIADE A info@alimentacionsaludablegallega.com

A empresa Alimentación Saludable Gallega S.L. será a encargada dos comedores escolares .

 

A alta no servizo realizarase a través da APP Colechef da que acompañamos nota informativa explicando os pasos a dar. Para ampliar información podedes dirixirvos ao seu email info@alimentacionsaludablegallega.com . Para os/as alumnos/as que queiran empezar o 13 de setembro o prazo remataría o 10 de setembro. 

 

O prezo do comedor será de 3,80 €.

 

Excepcionalmente para aquelas familias que non poidan facer a solicitude a través da aplicación, poden realizalo co modelo de solicitude do ano pasado.

 

5.- Os comedores escolares iniciarán a súa actividade o luns 13 de setembro.

Xunto nota informativa sobre App colechef e a súa utilización

PROFESORADO CURSO 2022-23

ESPECIALISTAS

EDUCACIÓN FÍSICA

Xesús Díaz Benito

EDUCACIÓN MUSICAL

Rosa María Iglesias Prieto

LINGUA EXTRANXEIRA:INGLÉS

Montserrat Sotelo Fandiño

ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE

Julia Iglesias Rivas (secretaria)

ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPEUTICA

Rosa Ana Rúa Pena

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ( luns, martes tarde, mércores e venres)

Silvia Caride López substituta Karina Cernadas Trillo

MESTRA DE RELIXIÓN CATÓLICA

María del Carmen López Fabeiro ( compartida co CEIP de Coiro)

AUXILIAR DE CONVERSA

Shanique Lovelace

SECCIÓN BILINGÜE EN 5º E 6º (ART)

Ana Portas Barreiro

MESTRAS DE MATEMÁTICAS

María del carmen Pequeno del Río ( 1º E 3º)

Ana María Hermelo Pousa  ( 2º e 4º)

Ana Portas Barreiro ( 5º e 6º)

INFANTIL

MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL GRUPO MIXTO A

María Fernández Vidal

MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL GRUPO MIXTO B

Noelia Graña Paz

MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL GRUPO MIXTO C

Beatriz Bouzón Couñago

MESTRA DE APOIO E COORDIANDORA DO EQUIPO DE INFANTIL

Clara Yebra Domínguez sustitua  Sarai Larrán Martínez

MESTRAS DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Rosa María Iglesias Prieto (titora)

Rosa María López Sotelo(educación artísticac e proxecto competencial)

MESTRAS DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Rosa María López Sotelo  (titora)

MESTRAS DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

María del carmen pequeno del Río ( matemáticas, ámbito científico e lingua galega) ( xefa de estudos) ( titora)

Marta Sueiro Gil (lingua catelá)

Rosa María López Sotelo  (educación artística)

MESTRAS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ana María Hermelo Pousa (titora)

Rosa María López Sotelo  (educación artística)

Verónica Paz Souto ( valores) (directora)

MESTRA DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Marta Sueiro Gil (titora) ( ámbito científico e lingua galega)

Verónica Paz Souto ( lingua castelá) ( directora)

MESTRAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ana Portas Barreiro ( titora) 

Verónica Paz Souto ( lingua castelá) ( directora)

 

VOLTA SEGURA ÁS AULAS

 

 

 

Podedes botarlle unha ollada, a este resumo que pdoedes atopar na páxina da Xunta sobre as medidas COVID de cara ao curso 2020-21

Material informativo - Coronavirus

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

A orde do 6 de maio de 2021, establece as instrucións para solicitar axudas de material escolar para o próximo curso 2021-2022.

Esta axuda está destinada ao alumnado que estará matriculado en Educación Primaria (de 1º a 6º) o vindeiro curso. O alumnado que actualmente cursa 6º de Primaria e fixo a solicitude de reserva para Secundaria, deberá presentar a solicitude no IES de destino.

Só as familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ terán dereito a esta axuda, que se concreta nun vale por 50€.

O prazo de solicitudes estará aberto ata o día 22 de xuño de 2021.

A solicitude poderá presentarse de dous xeitos:

1. Cubrila directamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: Procedemento ED330B. Con certificado electrónico ou con Chave 365.

2. Descargar o impreso Anexo I e II para cubrilo, asinalo e entregalo no centro para a súa tramitación. Poderá recollerse tamén na Conserxería.

A solicitude deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2019.

A documentación a entregar será:

  • Solicitude cuberta e asinada.
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da última sentencia ou convenio regulador, onde conste a custodia do/a menor.
  • No caso en que a unidade familiar non coincida, certificado de convivencia.
  • No caso de discapacidade, certificado do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración Autonómica.
  • De ser o caso, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS

Xa está publicada no taboleiro do centro a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2021-2022.

Lembramos que todas as solicitudes de reserva de praza foron admitidas.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

En base ás solicitudes de admisión recibidas neste centro, podemos facilitar a seguinte información:

4º de Ed. Infantil (3 anos): todos/as os/as solicitantes están ADMITIDOS/AS ao non cubrirse o total de vacantes.

5º de Ed. Infantil (4 anos): todos/as os/as solicitantes están ADMITIDOS/AS ao non cubrirse o total de vacantes.

2º de Ed. Primaria: todos/as os/as solicitantes están ADMITIDOS/AS ao non cubrirse o total de vacantes.

3º de Ed. Primaria: todos/as os/as solicitantes están ADMITIDOS/AS ao non cubrirse o total de vacantes.

4º de Ed. Primaria: todos/as os/as solicitantes están ADMITIDOS/AS ao non cubrirse o total de vacantes.

5º de Ed. Primaria: todos/as os/as solicitantes están ADMITIDOS/AS ao non cubrirse o total de vacantes.

 

Distribuir contido