Skip to Content

CIENCIAS SOCIAIS 4º, 5º, 6º (ELABORAMOS UN CARTAZ)

Como xa saberedes, durante este trimestre estivemos falando do coidado do medio ambiente e os espazos protexidos. Coñecimos cales son os grandes problemas medioambientais e as medidas a levar a cabo para coidar o medio.

 

Así, propóñovos facer uns carteis de concienciación sobre o tema traballado na aula para chegar aomaior número posible de persoas.

 

Nesta liña, a idea é a seguinte:

1. Cada un, libremente, escollerá unha das catro temáticas e traballará sobre o tema en cuestión (na clase xa afondamos neles).

  • A contaminación

- Contaminación das augas.

- Contaminación do solo.

- Contaminación do aire.

  •  A deforestación.

  • A sobreexplotación de recursos.

  • O cambio climático.

 

2. Elaboramos un esquema ou deseño sobre o formato que nos gustaría realizar.

3. Realizamos un borrador do mesmo (debemos ter en conta cores a empregar, que vai a ir resaltado, tipos e tamaños das letras, que información imos incluír, levará imaxes? como as podemos incluir?...).

4. Correximos posibles erros ortográficos ou gramaticais.

5. Elaboramos o cartel tendo en conta o boceto anterior.

 

INFORMACIÓN ÚTIL:

https://www.youtube.com/watch?v=Qol3OMRwkac 

https://www.youtube.com/watch?v=q-pyLOCe4so 

https://www.youtube.com/watch?v=-aBYdkVkURI 

https://happylearning.tv/el-cambio-climatico/ 

https://www.youtube.com/watch?v=gXweeQ_2fRo

 

 

Cando os remates podedes enviarmos ao correo electrónico se vos apetece: soledl@edu.xunta.es

 

Se saen ideas chulas, cousa que non dubido, cando voltemos escolleremos varios e levarémolos á imprenta para logo repartilos polo colexio, concello e familias. Guiño Que vos parece?

 

Información de utilidade: 

 



page | by Dr. Radut