Xuntanza alumn@s, ex-alumn@s e mestr@s do CEIP da Barqueira

Estudas ou estudache no CEIP da Barqueira?

Fuche mestr@ neste centro?

Simplemente queres recordar vellos tempos ou volver contactar con antigos coñecidos?

Anímate a vir xantar con nós o vindeiro domingo 6 de marzo, pasarémolo xenial!

E de paso axudarasnos a recadar fondos para a excursión de fin de curso dos nosos pequenos e pequenas.

Contacta con nós por teléfono ou correo electrónico para que te apuntemos antes do 26 de febreiro.

 

 

Reserva de praza no IES Punta Candieira para o alumnado de 6º de EP no curso 2016/2017

O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES Punta Candieira (Cedeira) deberá cumprimentar o Anexo I da Orde do 12 de Marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013) e entregalo neste centro antes do 14 de Febreiro. Dito anexo está dispoñible na dirección do centro ou pódese descargar aquí.

O obxecto deste procedemento é o de reservar praza no IES adscrito ao noso centro, facendo prevalecer a  prioridade do noso alumnado na admisión. Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido nese centro (maio), dita reserva terá carácter vinculante, co cal non se poderá solicitar a admisión noutro centro sen renunciar expresamente e por escrito a esta.

O conseguinte procedemento de formalización de matrícula, realizarase no centro de destino no mes de xullo, na forma que alí indiquen.

Calquera dúbida ao respecto atenderase na dirección do centro.

QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

Como algúns de vós xa saberedes, dende o CEIP da Igrexa e o Concello de As Somozas, están a organizar unha carreira popular coa finalidade de recaudar fondos para a organización "Save the children".

A carreira celebrarase o vindeiro domingo día 29 de Novembro, a partires das 10:30.

Ademais de noutros lugares, podedes facer a inscrición no noso colexio ata o día 23, que será de 1€ para o menores de 16 anos e de 5€ para os maiores de 16.

Haberá distintas categorías segundo as idades e as distancias a percorrer.

Dende o noso cole animámosvos a participar... é por unha boa causa!!

Para máis información podedes dirixirvos, ademáis de a este centro, a:

     CEIP da Igrexa, en As somozas.

     CEIP San Ramón, en Moeche.

     O Barbeiro, en As Pontes.

 

Samaín 26-29 Outubro 2015

Vaia semaniña máis atareada.... Como saberedes tocou celebrar o Samaín!

Dende o luns, estivemos preparando as nosas cabazas para que quedaran ben chulas!! Cando estiveron listas fixemos unha exposición na entrada.

 

 

 

Tamén decoramos as portas e os corredores... que ben nos quedaron!

 

 

 

Mirade o medo que da entrar na biblioteca!! E xa non vos conto dentro....

 

Tamén fixemos actuacións que nos deixaron aterrad@s!!

Aprendemos de onde ven o Samaín, por qué se celebra, o que se fai nestas datas noutros países...

O venres, viñemos disfrazad@s ao cole... Uns daban moito medo.... e outros non tanto!!

 

   

Tivemos ademais un menú especial... terrorífico!! Do que desfrutamos un montón!!

 

E finalmente entregamos os diplomas ás cabazas gañadoras.... parabéns rapaces!!

 

 

 

 

 

Cántoche un conto? 16.10.2015

Este venres veunos visitar de novo o noso amigo Luís Vallecillo, da compañía A Xanela do Maxín.

Nesta ocasión, cantounos uns contos que nos encantaron.

Bailamos, cantamos, rimos e sobre todo... desfrutamos!!

 

Excursión Fin de Curso 2016

 

Gústanche estas divertidas tazas? Por soamente 8,50 € poderás facerte co lote completo.

Ademais de ambientar a túa cociña para o Halloween-Samaín, axudarasnos a financiar a nosa excursión de fin de curso.

Anímate!! Colabora cos nosos pequen@s!!

 

Poderás reservalas, previo pago, en diferentes negocios do Concello de Cerdido (Área recreativa do Castro, Tropezón, Cooperativa...) ou no CEIP da Barqueira.

Non perdas a oportunidade! O prazo rematará o luns 26 de Outubro!

Informacións varias inicio do curso 2015/2016

 

Recordarvos que o comezo das clases será o vindeiro xoves 10 de Setembro.

Dende o primeiro día faremos horario completo, de 10:00 a 16:30, e haberá servizo de transporte e comedor da maneira habitual.

Non é preciso que os alumnos veñan ao centro o primeiro día cargados con todo o material e libros de texto, que o vaian traendo pouco a pouco para non mancar as costas.

Xa iremos informando ao alumnado de 3º e 5º sobre o material que lles proporcionaremos.

 

Aquelas familias que aínda non entregaron a autodeclaración para o pago do comedor, deben pasarse polo dentro canto antes para xestionalo.

 

Recordarvos ademais, que está aberto o prazo para a solicitude de bolsas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo (discapacidade, trastorno grave de conduta, altas capacidades intelectuais, reeducación pedagóxica e/ou de linguaxe). No centro porporcionarásevos a información necesaria.

 

Comeza a conta atrás... vémonos pronto!

 

Axudas para material escolar 2015/2016

Acaba de se publicar a orde do 25 de Agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 (clica aquí para vela)

Está destinada ao alumnado de educación primaria cunha renda per cápita igual ou inferior a 5400 €, no exercicio 2013.

O procedemento é moi similar ao das axudas para a adquisición de libros de texto, polo que hai que cubrir un impreso (que podedes recoller no centro ou descargar na ligazón á orde que está máis arriba) co que se xerará un vale de 50 que poderedes canxear nas librerías únicamente por material escolar: libretas, cores, diccionarios, bolígrafos, carpetas...

O prazo de solicitude é dende o 2 de Setembro até o 1 de Outubro.

Documentación necesaria:

  • Copia do libro de familia (sempre).
  • Copia dos DNI de todos os membros computables da familia (soamente se non se autoriza a comprobación de datos).
  • Renda do exercicio 2013 (a de ambros proxenitores de ser o caso e soamente se non se autoriza a consulta de datos tributarios).
  • Acreditación de discapacidade do 33% ou superior de ser o caso (calquera membro da familia).
  • Acreditación de violencia de xénero se se dá esa circunstancia.

Prégase que difundades esta información entre aquelas persoas que poidan estar interesadas en facer a solicitude. Aos que non se acheguen polo centro antes do comezo das clases, enviaráselles a información a través dos alumnos/as.

Libros e Material Escolar de Educación Infantil 2015/2016

 

Recordarvos que o alumnado de Infantil non debe mercar ningún libro de texto nin material escolar ata setembro.

Ao incorporarse a mestra destes cursos poñerémonos en contacto con vós para indicarvos o que precisades.

Desfrutade do verán! Xa queda menos para vernos!!

Distribuir contido