Skip to Content

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

O período para formalizar a matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

Os impresos de solicitude pódense recoller no centro ou descargar nos enlaces.

Documentación que se solicita para formalizar a matrícula:

  • Documento de formalización de matrícula cuberto e asinado. (Anexo III-1)
  • Fotocopia da folla do Libro de Familia na que figure inscrito o/a alumno/a.
  • Fotocopia do Libro de Familia Numerosa, se é o caso.
  • Fotocopia da tarxeta do SERGAS ou equivalente.
  • Certificado Médico no que conste que non padece enfermidade infectocontaxiosa.
  • Cartilla de vacunación.
  • Certificación académica do centro no que o/a alumno/a estivo matriculado no curso 2022/2023 (para o alumnado de Educación Primaria).
  • Certificado de discapacidade, se é o caso.
  • Catro fotos tamaño carné co nome ao dorso.

Con toda a documentación deben de traer os seus orixinais e copias.

SARDIÑADA DE SAN XOAN

"Salto por riba do lume de San Xoan para que non me trabe cadela nin can".

Grazas a todas as familias pola vosa participación na sardiñada de San Xoan do CEIP da Barqueira. Esperámosvos en vindeiras edicións.


LUMEEEEEEEE

AXUDAS DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

Xa pode solicitarse a axuda de libros e material escolar. Pódese pedir unha solicitude no centro. Tamén podedes descargala da páxina web da Consellería, da aplicación “FONDOLIBROS” ou a través da SEDE ELECTRÓNICA polo procedemento ED330B.

Seguindo as instrucións da Consellería, as solicitudes presentaranse preferiblemente de xeito electrónico (a través da aplicación “FONDOLIBROS“ ou polo procedemento ED330B na sede electrónica da Xunta de Galicia), mais tamén poden entregarse no centro escolar.

O prazo de presentación é 21 de xuño do 2023. Presentarase unha soa solicitude para todos os fillos do mesmo centro educativo (a excepción de que se presente a través da aplicación “FONDOLIBROS” que hai que presentar unha solicitude por cada fillo ou filla).

Documentación a presentar:

-Solicitudes asinadas (Anexos I e II, podedes descargalos pinchando no enlace).

-Copia do libro de familia (ou certificado de convivencia, informe de servizos sociais ou equivalente propio do concello).

-De ser o caso: sentenza xudicial de separación ou divorcio e convenio regulador, certificado de discapacidade, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

QUEDARÁN EXCLUÍDOS DA AXUDA AQUELES ALUMNOS OU ALUMNAS QUE NON DEVOLVAN OS LIBROS PRESTADOS PARA ESTE CURSO 2022/2023 (DATA MÁXIMA DE ENTREGA 20 DE XUÑO) E AQUELES QUE SUPEREN OS LÍMITES DE RENDA (exercicio fiscal do 2021).

O alumnado de 6º de EP que o vindeiro curso está noutro centro ten que presentar alí a solicitude.

 

No enlace de abaixo tedes acceso á orde que regula estas axudas.

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut