Skip to Content

AGRADECEMENTO

Ante as numerosas mostras de cariño recibidas con motivo da nosa xubilación, queremos amosarvos a todos (pais e nais, alumnos e alumnas, alcaldesa e corporación municipal, persoal non docente, compañeiras e compañeiros) o noso máis sincero agradecemento.

Grazas pola vosa colaboración, comprensión e compañía durante todos estes anos.

Manuel Otero Pazos e Raquel Rodríguez Losada.

Moita sorte, de corazón.

Todas as despedidas son amargas. A ninguén lle gusta separarse das persoas que quere e moito menos das que se fan querer e isto é o que aos mestres que quedamos no cole nos pasa este ano. Marchan moit@s compañeir@s por diferentes motivos: xubilacións, cambios de destino, supresións... En fin... Só queda dicir adeus e desexarlles moita sorte.

Raquel, Manolo, Ana, Auri, Tona,Luis, moitísima sorte cos novos proxectos. Esperamos que fagades o que fagades e que indo a onde as vosas vidas vos leven sexades moi felices.

 

Moitísimas grazas polo tempo compartido!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut