Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 13/14

Infórmase aos pais, nais e titores/as legais que queiran matricular ao alumnado de nova incorporación a este centro que deberán entregar a solicitude de admisión entre os días 5 e 17 de abril cumprimentando o ANEXO II (Solicitude de admisión).

 

Tanto os Anexos como a Orde completa pódende descargar clicando aquí.

 

 

INSTRUCIÓNS:

  1. O prazo de presentación da solicitude de admisión abrangue dende o día 5  ata o 17 de abril, ámbolos dous incluídos.


  2. A solicitude axustarase ao modelo oficial (anexo II) que poden descargar desde aquí ou recoller na secretaría do centro.


  3. Xunto coa solicitude de admisión deberán achegar copia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia acreditativo da súa idade.


  4. Calquera dúbida que teñan ao respecto seralles aclarada pola dirección do centro.

Día Internacional da Muller Traballadora

Este 8 de marzo celebramos no cole o "Día Internacional da Muller Traballadora". Primeiro preparamos un libro que recolle as entrevistas que o alumnado lle fixo a diferentes mulleres traballadoras e o rexistramos na biblioteca do cole para que quen queira poida collelo emprestado. Despois invitamos a cinco nais e a unha avoa para que nos contaran diferentes cuestións relacionadas coas súas profesións e finalmente proxectamos a entrevista en video á cal o alumnado de 4º, 5º e 6º someteu á actual xefa de estudos do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol "Xan Viaño" xa que por motivos de horario laboral non podía estar en persoa no noso cole. A verdade é que foi todo un éxito e os rapaces e rapazas se mostraron a mar de participativos coas súas preguntas.

Agradecemos enormemente a súa colaboración.

 

Ademais de todo isto o alumnado de 4º, 5º e 6º elaborou distintos modelos de broches en fieltro para agasallar ás mulleres que entrevistaron.


Clasificación II Edición GP Lector

Parabéns Yaiza! O primeiro posto da clasificación é para ti.

Tamén para Silvia que quedou segunda e para Elena que quedou terceira!

II edición GP Lector CEIP DA BARQUEIRA

Ide quentando motores! Poñede a punto os vosos monoplazas porque proximamente vai dar comezo a II edición do Gran Premio Lector do CEIP DA BARQUEIRA. Nesta edición gañará quen primeiro complete as catro voltas do circuíto. Como xa sabedes unha volta se finaliza cada vez que ao rematar un dos libros propostos se complete correctamente a ficha de control.

 

Nesta edición os libros propostos son:

NARRATIVA

A PERIPECIA DE ROI, de Carlos López.

A ESCOLA DOS PIRATAS, de Agustín Fernández Paz.

DÉIXAO MEDRAR, de Silvestre Gómez Xurxo.

¿QUERES SE-LO MOZO DA MIÑA IRMÁ?, de Maite Carranza.

VIAXE DE IDA E VOLTA, de Ánxela Loureiro

TEATRO

AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS,de Carlos Casares.

TEATRO FEROZ, de Gloria Sánchez.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut