Skip to Content

Unha biblioteca de meeeeedo!!!

Xa chegou o Samaín e con el a tradicional exposición de libros de medo na nosa biblioteca.

Poderás disfrutar dela ata o 9 de novembro. A que esperas!!! Corre a polo teu libro antes que o Trasno Trouleiro! Non te quedes sen el. E se non te das decidido emprega o díptico coas recomendacións que vos pasamos. Así seguro que acertas!

La bruja Florinda y la tarta perfecta

O 24 de outubro celebramos no cole o Día das Bibliotecas escolares cunha representación teatral titulada "La bruja Florinda y la tarta perfecta". Da man da compañía "La luna lunática" esta obra , no tempo no que estamos vainos preparando para recibir o Samaín.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do momento.

 

  

A continuación o alumnado participou na lectura dramatizada e visionado das curtametraxes "A pota que trota" e "O soldadiño de chumbo".

Maleta Viaxeira

Hoxe, día 24 de Outubro, día das Bibliotecas Escolares comeza a funcionar a Maleta Viaxeira. Calquer alumno ou alumna do centro pode levala emprestada para casa e disfrutar, xunto cos seus pais, avós, curmáns, amigos, veciños... do seu contido.

Esta maleta carga un pouco de todo: lecturas de todas as idades, poesía, algo de teatro, cómic,un conto en inglés, música para escoitar, un filme de debuxos, un libro de manualidades para divertirse na casa, etc.

Se queres levala só tes que apuntarte na lista de espera ou dicirlle ao teu titor ou titora que te apunte e, cando chegue o teu turno a maleta viaxará contigo.

 

Visita á Lonxa de Celeiro

O día 11 de outubro o alumnado do centro visitou á Lonxa de Celeiro co fin de aprender cousas sobre os peixes que alí se venden e así poder axudar ao Trasno Trouleiro co seu obxectivo de coñecer que animais viven no mar.


Na lonxa explicáronnos particularidades de diferentes tipos de peixe, pesáronnos na báscula e deixáronnos xogar co xeo triturado.


  



 

Distribuir contido


by Dr. Radut