Skip to Content

Novidades outubro

As aventuras dunha nova rapaza acaban de aterrizar na nosa biblioteca. Coñece a Agatha Mistery e axúdalle a resolver todos os misterios nos que se ve implicada. E se as súas historias te atrapan, non te preocupes, na biblio atoparás todos os títulos da colección.


Outras novidades: "El cazo de Lorenzo" e "Gloria Fuertes y sus versos"


    

Galicia. Conservando a natureza.


Durante a semana do 15 ao 19 de outubro estivo no centro á disposición de todo aquel que quixera vir vela a exposición itinerante "Galicia, conservando a natureza" e o venres 19 un monitor achegouse ata aquí a amosarlla aos nosos rapaces e rapazas. Aquí vos deixamos unhas fotos do momento.



 


Five Little Monkeys Jumping On the Bed.

O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria interpretando a cantiga en inglés "Five little monkeys".

Mirade que ben o pasan!!!

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

Novidades no noso quiosco.

 

Xa chegou á nosa biblio o novo nº da revista Pelo, Pico, Pata e como novidade o nº 2 da revista Amigos animales. Esperamos que vos gusten!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut