Skip to Content

Día da Paz

Como xa ven sendo unha tradición, na nosa biblioteca fixemos unha exposición de libros polo día da Paz. Podédela atopar no corredor e coller emprestados os libros que queirades dela a partires do 30 de xaneiro. Como novidade ese ano  pedímoslles ás rapazas e aos rapaces que decoraran un gran corazón de cartolina cun desexo de paz. Aquí tedes o resultado!!!

Festival de Nadal 2012

 

Este ano, como non podía ser de outro xeito preparamos con moita ansia o esperado festival de Nadal no que participou a totalidade do alumnado. Aquí vos deixamos unhas mostras do ben que o pasamos e das actuacións que realizamos. Esperamos que vos gusten!!!

 


Cantamos...


Actuamos...

Volvemos cantar e actuar ata que...

... de risa nos fixeron escachar!!!

FELICES FESTAS

 

 

Recordamos que o día 8 de Xaneiro retómanse as clases. Ata daquela, felices vacacións! Disfrutádeas!

Distribuir contido


by Dr. Radut