Skip to Content

Biblioteca Creativa

AGUINALDO

 

 

Os nenos e nenas de sexto de primaria axudaron a facer o aguinaldo para os seus compañeiros e compañeiras. Que bolsiñas tan bonitas quedaron!!

 

BOLSAS AGUINALDO

 

Creamos adornos navideños

O alumnado de Educación Primaria fixo uns  adornos para regalar aos usuarios do Centro de Atención a Persoas Maiores de Ortigueira.  Asemade, eles tamén regalaron aos nenos e nenas unhas preciosas bolas para as súas árbores! Moitas grazas!

A lá empregada neste traballo é de orixe nacional e puramente natural, elaborada de xeito sostible e respectando o medio ambiente, como parte do contrato-programa no que está inmerso o centro, de edu-sostibilidade. 


ADORNOS

EXPERIMENTOS

No seguinte vídeo os nenos e nenas de 4º,5º e 6º achéganse ao método científico a través da experimentación.

 

EXPERIMENTOS

ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN

 

O alumnado de 4º, 5º e 6º investigan o interior dun niño de velutina (velutina nigrithorax). Tras retirar delicadamente as capas exteriores, accederon ao núcleo, no que atoparon gran cantidade de larvas nunha complexa estrutura de varias capas. Foi unha experiencia intensa que lles sorprendeu polo deseño tan elaborado da súa estrutura.

 

ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut