Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

Letras Galegas (16.05.2014)

 

Como ben sabedes o 17 de Maio é o Día adicado ás nosas letras, aos escritores e escritoras galeg@s.

Este ano, o homenaxeado foi Xosé María Díaz Castro, poeta nado no municipio de Guitiriz.

No cole, aprendimos moitas cousas sobre él e ademais, fixemos unha versión propia deste autor, dividíndoo en catro partes... a que quedou ben?

Ademais tivemos unha visita xenial, o Teatro dos Ghazafelhos xunto con María Canosa, que nos presentaron un sinfín de habitantes dos mares galegos, versionando o libro de poesía "Acuario", escrito pola propia María Canosa.

Coñecimos á solla, ao polbo, ás sardiñas, á xarda, á lura, á agulla, á faneca, á meiga, ao congro... e fartamos a rir con cada un deles!

   

Tamén o Concello formou parte deste festexo, e agasallou a todos os pequenos e pequenas do cole cun libro, como non podía ser doutra maneira, escrito en GALEGO.

 

Feliz Día das Letras Galegas!!!!

 

 

Día do Libro (23.04.2014)

 

Co gallo do Día do Libro, o Concello de Cerdido convocou o habitual concurso de Contos e Lendas de Cerdido, no que participamos todos os alumn@s do cole.

Tanto gañadores como participantes recibiron o mellor agasallo que se nos pode ocorrer... LIBROS!!.

Moitííííííííííísimas GRAZAS ao Concello de Cerdido!

Aquí tedes aos nosos gañadores...

 

 A clase de Educación Infantil levou un premio grupal

 

                                                 

                               Stanley gañou o premio de 1º                                                            E Martín gañou o de 2º

                

 

                               O premio de 3º foi para Laura                                                              E en 4º levouno Irene 

                

 

                                  O gañador de 5º foi Darío                                                               E en 6º gañou Gerard

                

 

PARABÉNS A TODOS OS GAÑADORES E GAÑADORAS !!!

 

 

Pero ademais deste concurso, para seguir festexando o Día do Libro, fixemos uns apadriñamentos lectores, nos que os máis maiores leron aos máis pequenos.

Aquí vos deixo unha pequena mostra dalgúns padriños/madriñas cos seus afillados/afilladas.

   

 

 

 

 

Medios de Transporte (Marzo - Abril 2014)


 

Como ben sabedes, este curso estamos adicándonos a aprender cousas sobre os diferentes medios de transporte.

Cada grupo investigou a súa parte e contáronnos aos demais todo o que descrubriron... Mirade!

 

Os pequenos de Infantil investigaron sobre os barcos... que maravilla!!

 

 

Os rapaces e rapazas de 1º ciclo, aprenderon mil e unha cousas sobre os avións... quedamos abraiados!!

 

 

Os nenos e nenas de 2º ciclo, adicáronse a traballar cos helicópteros... contáronnos cousas inimaxinables!!

 

 

E os máis maiores, os de 3º ciclo, estudaron o tren... canción do "chaca chá" incluída!!

 

Día da Poesía (21.03.2014)

 

Toca celebrar o día da Poesía!

Nesta ocasión fixemos un tendal de poesías e unha exposición de versos el flor... gústavos?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut