Skip to Content

Bibliobarqueira

Samaín e Magosto

Un ano máis, celebramos unha data que nos encanta, o Samaín e o Magosto.

Así, ó longo do día, e engalanados cos nosos máis terroríficos disfraces, fixemos unha grande cantidade de actividades.

Desde aquí, gustaríanos agradecer ás familias a súa participación e colaboración nesta celebración. ¡GRAZAS!

 

Leandro Lamas

Durante o mes de Outubro, tivemos a grande fortuna de recibir no cole ó pintor Naronés Leandro Lamas.

Por isto, e desde a biblioteca do centro, traballamos a figura deste artista, que ademáis de realizar impresionantes cadros, ilustrou varios contos e libros infantís. 

Así, e despois dun grande estudo da súa figura, Leandro realizou cos nenos/as un obradoiro de pintura, no que a través dunhas pautas sinxelas, realizaron un cadro do máis impresionante.

A verdade é que o pasamos moi ben con él e aprendimos un montón de cousas, incluídos os máis maiores.

Desde aquí queremos darlle a Leandro un milleiro de grazas e esperamos que volvas a visitarnos moi pronto.

  
                                             

A nova cara da nosa biblioteca


Na zona de lectura temos un novo recuncho: A "Blablateca". Un espazo de expresión para desenvolver a linguaxe oral.



Encima das revistas e das producións propias temos a "Galería do Trasno", onde podemos disfrutar das mellores instantáneas da nosa mascota.



Na zona de xestión é onde seguiremos facendo os empréstitos e devolución dos fondos.



A biblio de consulta renovada completamente. Moito máis colorida e divertida. Seguimos mantendo a "Zona Tic" co proxector de imaxes, a pizarra dixital, os reprodutores de CD e tres ordenadores máis.



Na zona de consulta nace o recunchiño onde expoñemos os libros relacionados co PDI que estamos a desenvolver. Chamarémoslle "O recuncho PDI"



Outra perspectiva da biblio de consulta.


 

bibliobarqueira

 




 


Queres saber máis sobre a nosa biblioteca? Navega polas opcións da Biblioteca. 


E se pinchas no Trasno Trouleiro poderás ver o que se fixo o curso pasado.


Distribuir contido


by Dr. Radut