PUNTO LARANXA FÍSICO.

Enviado por admin o Mar, 09/04/2024 - 11:36

Seguindo o novo "Protocolo Educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar",  xa está dispoñible nas instalacións do centro o punto laranxa contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar.

Trátase dun espazo físico, que funciona como unha caixa de correo, onde calquera persoa coñecedora dunha situación de posible acoso poderá comunicalo de forma totalmente anónima.

Lembrade que podedes atopalo ao carón da porta principal de entrada ao colexio. 

Se precisades máis información, podes premer aquí.

 

AdxuntoTamaño
AF-Tripico punto laranxa-CON MARCAS-07 02.pdf1.72 MB
( categories: )