GRANXA-ESCOLA KIRIKOEnviado por admin en Mar, 06/11/2013 - 10:49.
O 5 de Xuño fixemos a nosa excursión de fin do curso 2012/13. Dende os máis pequenos de Infantil ata os maiores de 6º de Primaria, pasámolo en grande na Granxa-Escola O Kiriko. As actividades foron diferentes dependendo das idades, pero todos pasamos un día xenial. Compartimos con vós as fotos deste día.
XORNADAS INTERTEATRO 2013Enviado por admin en Xov, 06/06/2013 - 07:12.
O ceip Carballal ven participando no grupo Interteatro de Vigo ao que pertencen máis de 20 centros ,dende fai anos. Nestas Xornadas recibimos a visita de outros colexios , que representan para todos nós a súa obra, neste caso foi "Restaurante Farruco" do ceip a Doblada. O ceip Carballal presentou dúas obras : "O que fai o meu Bieito sempre está ben feito" e o teatro negro "Pedro e o Lobo" , dúas xeniais obras que gustaron tanto no noso colexio como nas IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar, onde debutaron xunto co ceip Belesar. ¡Canto arte temos no cole!
( categories: )
ACTUACIÓN DE 4º E 3º CICLO NO AUDITORIO MUNICIPAL.Enviado por admin en Mér, 05/29/2013 - 22:45.
Seguindo co calendario de actuacións, os alumnos/as de 4º e do 3º Ciclo, participaron nas IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar 2013 coas súas obras : "Pedro e o Lobo" e "O que fai Bieito está ben feito" no Auditorio Municipal de Teatro. Xunto aos nosos alumnos/as participaron os nenos/as do Ceip Belesar co musical "Sonrisas y Lágrimas" ( categories: )
DROGODEPENDENCIAEnviado por admin en Mar, 05/28/2013 - 08:20.
Ao longo deste mes de maio, o alumnado de 5º e 6º realizou unha actividade sobre Drogodependencia que se levou a cabo en tres sesións: luns 6 de maio, luns 13 e venres 24. Nesta actividade plantexouselle ao alumnado mayor do colexio, cales son as tres drogas principales e cales son as situacións de risco coas que se poden atopar ao longo da adolescencia, que lles poden conducir a caer nunha adicción. Tamén coñeceron as opcións e extratexias que lles poden axudar para evitar estes riscos.
Os vídeos do Festival das Letras Galegas!Enviado por admin en Ven, 05/24/2013 - 05:57.
Xa están aquí os vídeos das actuacións do Festival das Letras Galegas! Esperamos que vos gusten. Lembrade que podedes velos en pantalla completa.
Feliz Día das Letras Galegas!Enviado por admin en Xov, 05/23/2013 - 09:34.
Este ano o Día das Letras Galegas dedicóuselle a Roberto Vidal Bolaño, un importante autor de obras de teatro, así como actor en cine, televisión e teatro. Fundou e participou en varias compañías teatrais, a primeira foi "Antroido" (a primeira compañía teatral de Galicia) e a última "Teatro do aquí", na que estivo ata o seu falecemento no ano 2002. Tamén participou en producións cinematográficas como "Sempre Xonxa" e "A lingua das bolboretas" ademais de series televisivas como "Mareas Vivas" Se queredes saber máis e ver as fotografías do Festival, visitade os diferentes blogues do centro. Non esquezades estar atentos porque nos próximos días publicaremos nesta web os vídeos das diferentes actuacións.
Visitas ao CAT e ao Museo das Illas AtlánticasEnviado por admin en Lun, 05/20/2013 - 16:46.
As pasadas semanas o alumnado de Primaria realizou dúas saídas culturais. O alumnado de 1º Ciclo visitou o CAT (Centro de Artesanía Tradicional) e o alumnado de 2º e 3º Ciclo visitou o CAT e tamén o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas. Se queredes saber máis sobre estes lugares e ver algunhas fotografías premede nos enlaces que vos levarán aos blogues de ciclo.
23 de Abril. Día do LibroEnviado por admin en Mar, 05/07/2013 - 22:03.
Theatre in English "JUNGLE BOOK"Enviado por admin en Lun, 04/22/2013 - 20:29.
O venres día 19 de abril, o alumnado de Educación Infantil e de Primaria, acudiu ao teatro a ver unha obra en lingua inglesa. A obra que fomos a ver foi "Jungle Book". Todo o alumnado do Colexio, recibiu unha preparación previa para logo poder disfrutar da obra con unha comprensión optima. A previa memorización das cancións permiten que todo o alumnado disfrute máis da obra. |