Os usuarios do servizo de transporte escolar deberán renovar a solicitude deste servizo, así como os novos usuarios que o desexen para o vindeiro curso escolar 2024-25.
Deberán cubrir e entregar o impreso de solicitude na Secretaría do Centro antes do 14 de xuño de 2024 (pódese entregar unha vez firmado a través do nen@).
No caso de non entregalo entenderase que renuncia ao servizo de transporte escolar.
* Só para alumnado que xa está MATRICULADO NO CENTRO
A Dirección do centro