Skip to Content

Vieiros Escolares seguros.

Estimadas familias:
Dende a Concellería de Educación e Difusión do coñecemento de Lugo continuamos co proxecto
piloto de vieiros escolares seguros “Camiño ás aulas”.
Para que o facemos:
Somos conscientes dos problemas que se xeran no entorno dos centros escolares vinculados co
traxecto ao colexio en coche: por unha banda problemas de tráfico, dado o elevado número de
vehículos que se xuntan nun curto espazo de tempo; por outra parte o incremento do
sedentarismo en idades máis temperás. Non menos importante é a conciliación, coincidindo en
moitos casos a hora de entrada das crianzas no colexio co horario laboral, o que xera estrés nos
adultos, que rapidamente se traslada ás nenas e nenos.
Que facemos:
Como ben teredes observado, nos últimos tempos puxemos no entorno dos colexios medidas
destinadas ao calmado do tráfico, para así mellorar a accesibilidade e a seguridade das persoas
que camiñan. Esto xa está feito favorecendo a mobilidade non só das/os escolares, senón de
calquera persoa do barrio.
Xa son varios os colexios que participan nos “Camiños ás Aulas” incentivando que as nenas e
nenos utilicen eses camiños e agora queremos poñelo en marcha no voso centro escolar. Para
isto o proporcionaremos unha monitora de acompañamento nunha ruta con saída na Praza do
Castiñeiro ás 9.00, e iremos camiñando pola Rúa Serra Gañidoira ata a parada de bus frente ao
Centro de Saúde da Residencia ás 9.10. Continuaremos camiños ata diante do “Pica,Pica” ás
9.15, e camiñaremos pola Rúa orquídea ata chegar ao Colexio ás 9.25 aproximadamente. Os
puntos de quedada, os traxectos e as paradas no camiño acomodaranse un pouco en función da
demanda, podendo variar mínimamente, sobre todo os primeiros días. Esta ruta de
acompañamento comezará o 5 de febreiro de 2024.
Quen pode participar:
O proxecto destinarase a nenas e nenos de primaria que sexan suficientemente maduras/os
para respetar as indicacións do monitoraxe e farase para os traxectos de chegada ao
colexio. Se este alumnado ten irmáns máis pequenos, pero suficientemente autónomos, tamén
poderán participar.
Deste proxecto tamén poden facer parte nais e pais que queiran facerse acompañantes e cambiar
o vehículo particular polo hábito de camiñar.
Para participar haberá que estar no punto de encontro á hora fixada contando coa vestimenta e
calzado axeitado para a camiñata, tendo en conta as condicións climáticas de cada día.
Para poder empezar cunha mínima previsión das crianzas que van seguir o camiño rogamos vos
anotedes ben a través da vosa anpa ben no correo enigmaeventossl@gmail.com.
Asinado: Felipe Rivas Jorge
Concelleiro Educación e Difusión do coñecemento



story | by Dr. Radut