try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

VOLTA AO COLE

 

Comezamos un novo curso cheos de  ilusión e coas pilas cargadas para acompañar aos nenos e nenas de Chans no seu proceso de “crecemento” e aprendizaxe.

Sabemos que os comezos sempre están cargados de incertezas, sobre todo cando van acompañados de cambios importantes: compañeiros/as, mestres/as, aulas…. Pero estes cambios, lonxe de ser unha pedra no camiño, sempre son unha oportunidade para crecer e aprender a afrontar novos retos. 

Esperamos que nos fagades partícipes das vosas inquedanzas para poder, entre toda a comunidade educativa, construír a escola que queremos: unha escola inclusiva, saudable, segura e amable.

Feliz volta á escola. O luns comeza unha nova aventura!!

Grazas familias por confiar en nós.