try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

O magosto

Magosto

 

O magosto é unha festa de orixe pagá, que logo foi cristianizada e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social. 

É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ao sol, deus fecundador da terra. Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual, que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural galego; ten carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas. 

Con posterioridade foi asociada aos santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde, nas terras de Ourense pasou a celebrarse o 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas.

Na  nosa escola celebramos esta festa con castañas e chourizos asados para todos e todas

Para acceder as actividades e recursos sobre as festas do Outono preme na imaxe:

http://tictachans.blogspot.com.es/2010/10/magosto.html

 

 

Distribuir contido