try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

O Samaín

Samaín

A noite do Samaín, o acutal 31 e outubro, sinalaba a fin do verán e o nacemento do inverno.Era unha das datas máis importantes do calendario celta. Os  guerreiros celebrabana, xunto co pobo, facendo un gran banquete nos camposantos. Crían que nesa noite os espíritos dos motos andaban ceibes pola terra e que podían levar as persoas ó Outromundo. Para librarse desa influencia ó chegar a noite, ponían arredor dos seus castros as caveiras dos guerreiros vencidos, alumeadas cunha candea. Pretendía asustar as pantasmas e afastalas das súas casas.

O costume actual de tallar as caveiras nas cascas dos melóns ou das cabazas, e poñelas á noite nos currunchos e nos camiños é a lembranza das antigas tradicións celtas. Este costume foi levado a América do Norte polos emigrantes europeos e hoxe en día aínda se celebra, é o que coñecemos como Halloween.

A festa critiá de Santos e Defuntos, que se conmemora o 1 de novembro, tería tamén a súa orixe nas celebracións do tempo do Samain.

Na escola tamén celebramos o Samaín ou Halloween cunha exposición de cabazas, entre outras cousas.

 Para acceder as actividades e recursos de Halloween-Samaín, preme na imaxe

 

   

HALLOWEEN-SAMAÍN on PhotoPeach

Distribuir contido